Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aprobada a Declaración con motivo do “Día Internacional da Muller”

Por   /  29/02/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba a Declaración con motivo do “Día Internacional da Muller”

1Fachada-Deputacin-300x213A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou na súa reunión do pasado venres a Declaración con motivo do “Día Internacional da Muller”, que se celebra o vindeiro 8 de marzo, facendo propia a declaración da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) que se recolle no seguinte texto:

“Políticas públicas, reformas lexislativas que garantan a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, estratexias sociais e prácticas institucionais que melloren a vida das mulleres e dean visibilidade aos seus problemas, son actuacións imprescindibles e inaprazables que o 8 de marzo se porán de manifesto en todo o mundo.

Ese día, declarado polas Nacións Unidas Día Internacional da Muller, representa un ideal de xustiza e igualdade sen o que non é posible pensar a sociedade moderna, unha realidade da que a Administración Pública, en xeral, e as Entidades Locais, de maneira específica, son plenamente conscientes e que, ademais, leva implícita unha responsabilidade irrenunciable.

O 8 de marzo é un día para o recordo e a homenaxe. Para avanzar convén non esquecer o enorme sacrificio de moitas mulleres que enarboraron con decisión a bandeira dos seus dereitos civís e políticos, do mesmo xeito que outras moitas reivindicaron emprego e igualdade salarial. Hoxe seguen manifestándose diferenzas inxustificables entre uns e outras, e por iso compete á Administración Pública actuar para que deixen de producirse. Esa é a homenaxe que corresponde: resolver cunha verdadeira implicación todo o que aínda hai de inxusto na nosa sociedade.

A igualdade de xénero supón unha mirada diferente sobre as nosas cidades e pobos para facer de eles espazos de convivencia nos que mulleres e homes deben compartir con idénticas condicións o protagonismo dun tempo novo. Esa responsabilidade tradúcese en accións e esas accións fanas posibles políticas e políticos, funcionarias e funcionarios públicos, e todas as persoas que traballan nos distintos servizos que conviven cunha realidade á que se enfrontan, e que deben transformala día a día.

Con motivo da conmemoración deste día, a Federación Española de Municipios e Provincias insta a todos os Gobernos locais a sumarse á celebración desta xornada constituída por Nacións Unidas para reflexionar sobre o grao de avance logrado na loita contra a desigualdade que existe entre mulleres e homes e para emprender cantas actuacións sexan precisas a favor dos dereitos das mulleres en todos os ámbitos da sociedade.

A FEMP traballa cada día para acompañar aos Concellos, Deputacións, Cabildos e Consellos Insulares do noso país na planificación e desenvolvemento de políticas que impulsen sociedades en convivencia e igualdade, pacíficas, xustas e inclusivas.

Por iso, a conmemoración desta xornada supón unha oportunidade máis para mostrar o compromiso das institucións locais cos dereitos da muller, manifestar a implicación de todas e todos na resolución dos graves problemas que as afectan e singularmente para facer fronte á lacra da violencia de xénero, verdadeiro estigma da peor inxustiza social.

A discriminación alcanza o seu punto máis elevado nos casos de maltrato e violencia en todas as súas formas, e en especial nos horribles crimes machistas que asolan ao noso país con datos estatísticos que nos obrigan a ser firmes, precisos e claros na loita para erradicalos.

A FEMP comprométese, unha vez máis, a terminar coa desigualdade e combater todo tipo de inxustizas co firme obxectivo de facer dos nosos territorios, cidades avanzadas e vangardistas nas que se xeren altos niveis de igualdade, prosperidade e cohesión social.

Celebramos o impulso, por parte de Nacións Unidas, do programa “Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero”, para lograr un mundo no que todas as mulleres e nenas teñan as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos. “Demos o paso” pide aos gobernos realizar compromisos nacionais que poñan fin á brecha na igualdade de xénero: dende leis e políticas ata plans de acción nacional e inversións adecuadas.

Para elo é preciso crear estruturas firmes, consensuadas e duradeiras capaces de canalizar os esforzos que se están a desenvolver dende o ámbito local en materia de igualdade e continuar a promover o desenvolvemento de políticas que estimulen a eliminación de toda discriminación por razón de xénero.

É necesario que garantamos a igualdade entre mulleres e homes na totalidade dos espazos da política local así como no acceso e integración da muller en todos os ámbitos da vida pública e a toma de decisións.

Estamos comprometidos co futuro, co noso e co das xeracións que están por chegar, con todas as persoas –mulleres e homes– que viven nas nosas cidades e que demandan vivir e formar parte de elas en igualdade”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →