Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aprobado o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2016 da Deputación

Por   /  29/12/2015 

    Imprimir       Email
  • O pleno da Deputación de Ourense aproba o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2016
  • Tamén se aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Ourense e do Inorde para o período 2016-2019
Pleno da Deputación de Ourense. Decembro 2015

Pleno da Deputación de Ourense. Decembro 2015

 

O pleno da Corporación Provincial aprobou hoxe o Plan de Ordenación de Recursos Humanos 2016, inicialmente aprobada na sesión ordinaria do 25 de setembro de 2015. A RPT 2016 introduce modificacións puntuais na estrutura de postos de traballo da administración provincial, consistentes na supresión do Servizo de Cooperación con efectos do mes seguinte ao da xubilación do actual titular da xefatura do servizo e a integración das unidades administrativas que o compoñen no Servizo de Vías e Obras, no que se crea unha Sección de Estudos e Proxectos, así como a creación de novos postos, supresión de postos vacantes e modificacións no sistema de provisión de determinados postos – reducíndose notablemente os postos de libre designación e os postos abertos á súa provisión por funcionarios doutras administracións públicas.

De todas estas modificacións, a única que esixe a adopción de medidas de reordenación de persoal é a de supresión do Servizo de Cooperación, ao ser preciso establecer mecanismos de asignación dos novos postos que lles corresponden aos empregados públicos titulares dos postos suprimidos.

Tamén se aprobou na sesión plenaria de hoxe o Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación de Ourense e do Inorde no que se fai unha planificación a longo prazo, que abrangue os exercicios económicos 2016,2017, 2018 e 2019. O Plan estrutúrase en sete liñas de acción que son: a cooperación coas entidades locais, o fomento da cultura, o fomento da educación, o fomento do deporte, o fomento do benestar social, o fomento do desenvolvemento económico e o fomento do asociacionismo veciñal.

Outros acordos do pleno

APROBACIÓN DA CONSTITUCIÓN DUN GRUPO DE TRABALLO PARA MODIFICACIÓN DO REGULAMENTO ORGÁNICO EN RELACIÓN CO ACCESO PRESENCIAL DAS VECIÑAS E VECIÑOS ÁS SESIÓNS PLENARIAS

Acordo:

Que se constitúa un grupo de traballo dentro da comisión de Transparencia e Administración Provincial, formado por un representante de cada grupo político e funcionamento co sistema de réxime de voto ponderado, para elevar ao Pleno nun prazo non superior a dous meses, unha proposta de modificación do regulamento orgánico que estableza as normas que regulen o acceso presencial das veciñas e vecinos ás sesións plenarias.

APROBACIÓN DA ADHESIÓN DO CONCELLO DE PIÑOR AO CONVENIO MARCO DE COOPERACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE E OS CONCELLOS DA PROVINCIA PARA A PRESTACIÓN POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, EN RÉXIME DE COMPETENCIA DELEGADA, DO SERVIZO DE INSPECCIÓN DOS TRIBUTOS MUNICIPAIS

Acordo:

1º.- Aceptar a adhesión do Concello de Piñor ao convenio marco de cooperación entre a Deputación Provincial de Ourense e os concellos da provincia para a prestación pola Deputación Provincial, en réxime de competencia delegada, do servizo de inspección dos tributos municipais.

O concello de Piñor delega na Deputación o exercicio das competencias municipais de inspección das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial constituída en solo, subsolo ou voo das vías públicas municipais correspondentes ás subministracións de electricidade e telefonía fixa, así como tamén das empresas explotadoras de redes de comunicación mediante sistemas de fibra óptica, televisión por cable ou calquera outra técnica con independencia do seu carácter público ou privado.

O dito concello autoriza, ademais, á Deputación Provincial para solicitar dos órganos competentes da Administración do Estado a delegación do exercicio da competencia de inspección do Imposto de Actividades Económicas, durante o período de vixencia do convenio marco.

2º.- Ordenar a publicación destas adhesións no BOP.

APROBACIÓN DA RATIFICACIÓN DA ADDENDA AO CONVENIO DE COLABORACIÓN SUBSCRITO ENTRE A XUNTA DE GALICIA, A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS E AS DEPUTACIÓNS PROVINCIAIS, EN MATERIA DE EMERXENCIAS E PREVENCIÓN E DEFENSA CONTRA INCENDIOS FORESTAIS, PARA A CREACIÓN E IMPLANTACIÓN DOS GRUPOS DE EMERXENCIA SUPRAMUNICIPAIS

Acordo:

Ratificar a subscrición da addenda de 3 de decembro de 2015, ao convenio de colaboración do 13 de maio de 2013, entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e as deputacións provinciais para a creación e implantación dos grupos de emerxencia supramunicipais (GES).

APROBACIÓN DA PARTICIPACIÓN DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE NA AGRUPACIÓN EUROPEA DE COOPERACIÓN TERRITORIAL (AECT) EUROCIDADE CHAVES-VERÍN

Acordo:

1º.- Aprobar a intención de participación da Deputación Provincial de Ourense na Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) Eurocidade Chaves-Verín.

2º.- Designar ao Presidente da Deputación D. José Manuel Baltar Blanco ou deputado en quen este delegue como representante desta Deputación para a realización de todas aquelas actuacións necesarias para levar a cabo a futura integración.

3º.- Proceder á tramitación da futura integración na AECT Eurocidade Chaves-Verín consonte co sinalado no artigo 4.2 do Real decreto 23/2015, por el que se adoptan las medidas necesarias para la aplicación efectiva del Reglamento (CE) nº 1082/2006 del Parlamento Europeo y del Consejo, sobre la Agrupación Europea de Cooperación Territorial, levándose a cabo os traballos necesarios para a redacción do texto do convenio e dos estatutos propostos, nos termos sinalados no apartado primeiro do artigo 4 do antedito real decreto.

APROBACIÓN DA MOCIÓN RELATIVA Á ADQUISICIÓN DA BIBLIOTECA “BENITO FERNÁNDEZ ALONSO

Acordo:

Que a proposta de proceder á adquisición da biblioteca “Benito Fernández Alonso” quede supeditada á aclaración da propiedade da mesma, tendo en conta ademáis o acordo de cesión da citada biblioteca a esta entidade do ano 1990.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →