Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aprobados preto de 350.000 euros para deporte, cultura, medio ambiente, benestar e infraestruturas

Por   /  19/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta de Goberno da Deputación aproba preto de 350.000 euros para temas de deporte, cultura, medio ambiente, benestar e infraestruturas
Xunta de Goberno 18/11/2016

Xunta de Goberno 18/11/2016

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou 349.934 euros en materia de cooperación cos concellos e asociacións da provincia en axudas destinadas a temas de deporte, cultura, medio ambiente, benestar e infraestruturas Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 18 de novembro.

En materia de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para o Concello de Allariz de 9.000 euros destinada á construción dunhas ramplas para a realización do campionato de Triatlón de categoría cadete. Para o Concello de Bande aprobou unha axuda de 18.336 euros para a adecuación dos accesos Bande OU-540. Outra das axudas aprobadas foi para o Concello de Cortegada de 30.000 euros para o mantemento do servizo de augas, iluminación e subministro de enerxía, correspondentes ao ano 2016. En relación con este mesmo concello, a Xunta de Goberno aprobou a modificación do proxecto presentado polo Concello de Cortegada para urbanización da vía de servizo do Parque Empresarial do municipio.

Na xuntanza aprobouse unha axuda para o Concello da Gudiña por importe de 12.000 euros para levar a cabo as obras de remate da edificación anexa ao centro de emerxencias e sinistros, tamén denominado multiusos. Para o Concello de Larouco, unha axuda de 12.500 euros para o arranxo das piscinas municipais e para o Concello da Peroxa unha axuda de 6.000 euros destinada ao estudo de navegabilidade do río Miño.

En materia cultural, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para o Concello de Porqueira por importe de 8.000 euros para sufragar os gastos da Banda de Gaitas municipal e para o Concello de Rairiz de Veiga de 11.000 euros para a promoción da Romaría da Saínza 2016.

Outra das axudas aprobadas na xuntanza foi para o Concello de Trasmiras por importe de 20.500 euros para a optimización enerxética da instalación de iluminación pública en diferentes núcleos do municipio. Para o Concello da Veiga aprobou unha axuda de 40.000 euros destinada á realización dunha serie de actuacións centradas no aproveitamento apícola.

Por último, na liña de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou tres axudas ao Concello de Xinzo de Limia unha de 70.000 euros para o asfaltado de vías públicas, outra de 6.098 euros para a conservación e rehabilitación dun pozo xa existente así como a montaxe dunha bomba no parque Toural da vila de Xinzo de Lima, e a última, de 20.000 euros destinada ao mobiliario urbano do municipio.

No apartado de axudas a entidades e asociacións da provincia, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda por importe de 10.000 euros para a Escudaría Luíntra, destinada á celebración do 5º Rally “Ourense Ribeira Sacra” correspondente ao ano 2016. Para a Asociación de Veciños Castro de Beiro, unha axuda de 1.500 euros para a reforma do velorio municipal, así como unha axuda para a Comunidade de Monte en Man Común O Sobral, de 25.000 euros destinada ás obras no Centro Social da Rasela. Asemade, para a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) aprobou unha axuda de 50.000 euros para servizos itinerantes para discapacitados da provincia de Ourense, correspondentes ao ano 2016.

Outro dos asuntos aprobados na xuntanza foi a aprobación da adhesión do Concello de Ramirás ao convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos da provincia para a prestación, por parte do goberno provincial, do servizo de inspección dos tributos municipais para o período 2016-2019. Así mesmo, aprobou o convenio entre a Deputación de Ourense e o Concello de Avión en materia de subministración de auga potable.

Asemade, na xuntanza aprobouse os prezos públicos para a entrada ao parque de atraccións “Pazolandia”, fixándose en 3 euros para aqueles que accedan en viaxes promovidos polos concellos da provincia e, en 4 euros para o público en xeral. Igualmente, tamén se aprobou o prezo de venda ao público do libro que editará a Deputación de Ourense, Acisclo. Colección de Artistas Ourensáns. Vol VI, de Mercedes Gallego Esperanza, por importe de 50 euros.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →