Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Aprol Rural: 1,6 millóns de euros para a contratación de 260 desempregados dun total de 69 concellos na provincia

Por   /  28/10/2016 

    Imprimir       Email
  • A Xunta destina 1,6 millóns de euros para a contratación de 260 desempregados dun total de 69 concellos da provincia de Ourense
  • A través do programa Aprol Rural os concellos de menos de 10.000 habitantes poden contratar persoas sen traballo para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social
  • O obxectivo é a mellora da cualificación e inserción laboral dos desempregados e, ao mesmo tempo, a creación de emprego
  • A nivel galego, a Consellería de Economía, Emprego e Industria inviste nesta iniciativa 6,9 millóns de euros para beneficiar a 900 desempregados e 250 concellos

 

xunta-de-galicia-300x135A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través do programa Aprol Rural, inviste 1,6 millóns de euros para a contratación de 260 persoas desempregadas nos concellos da provincia de Ourense cunha poboación inferior aos 10.000 habitantes.

Así, os beneficiados desta iniciativa firmarán un contrato de traballo para a realización de obras de interese xeral e social como o mantemento e revalorización de zonas públicas e naturais, o acondicionamento de espazos municipais, a mellora do servizo ao cidadán, a rehabilitación de espazos públicos ou o coidado e mantemento de vías, entre outros traballos.

Aprol Rural é unha medida activa de emprego dirixida as entidades locais emprazadas no medio rural, cuxa poboación sexa igual ou inferior aos 10.000 habitantes. As persoas beneficiadas deben estar inscritas no Servizo Público de Emprego e dispoñibles para a súa contratación a tempo completo.

As 260 persoas contratadas polos concellos ourensáns contan con diversas categorías profesionais e con diferente cualificación: peóns agrícolas, de obra, de xardinería ou forestais; auxiliares administrativos, albaneis, enxeñeiros agrícolas, persoal de axuda a domicilio, auxiliares de cociña, diplomados en Turismo, licenciados en INEF ou xornalistas.

A liña de axudas Aprol rural, que foi concedida a todos os concellos da provincia que o solicitaron e cumpriron os requisitos,un total de 69, pretende ser unha ferramenta para mellorar a empregabilidade, a través da adquisición de experiencia profesional das persoas traballadoras desempregadas naquelas áreas con menor poboación e con menos oportunidades laborais; contribuíndo así a fomentar a creación de emprego de calidade e a mellora da cualificación e a inserción laboral.

Así mesmo, permitirá a dinamización e a xeración de novas actividades no medio local e rural onde se desenvolva o traballo.

Aprol Rural é un dos catro programas activados recentemente pola Xunta para impulsar a mellora da cualificación e inserción laboral, amais da creación de emprego de calidade. A nivel galego inviste 6,9 millóns de euros para beneficiar a 900 desempregados e 250 concellos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →