Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

As rapazas e rapaces do campamento urbano da Asociación Amencer visitan a Delegación Territorial de Ourense

Por   /  11/08/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 1 RF recibe aos participantes do campamento urbano Amencer

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, acompañado pola parlamentaria autonómica Cristina Romero, recibiu esta mañá a preto dun cento de mozas e mozos participantes no Campamento Urbano de Amencer coa finalidade de darlles a coñecer o funcionamento da Xunta de Galicia e do Parlamento galego.

Os rapaces, de idades comprendidas entre os 8 e os 15 anos, escoitaron atentamente ao delegado, quen fixo unha explicación sinxela para que os cativos teñan un coñecemento claro do que é e do que fai a Xunta.

A visita enmárcase dentro do programa de actividades do campamento e na xornada que lle dedican ao “Día do Parlamento”. Con ese fin, Cristina Romero relatou en que consisten as funcións da Cámara autonómica, a súa composición e os seus órganos. A visita complementouse cunha proxección audiovisual que fai un percorrido pola realidade da principal institución política de Galicia.

Rogelio Martínez animounos a aproveitar esta etapa vital para “acadar unha formación de calidade que vos permitirá afrontar o futuro con garantías”. Ademais, subliñou “a importancia de espertar o interese dos máis novos polo que fai e significa a Xunta de Galicia como piar do noso sistema democrático”.

O Campamento Urbano, organizado pola Asociación Xuvenil Amencer, é unha iniciativa aberta e de balde que permite aos pais conciliar a súa vida familiar e laboral mentres os seus fillos gozan dun amplo abano de actividades lúdicas e formativas. Este ano celébrase a vixésimo oitava edición baixo o lema “Contigo na cidade”, co obxectivo de que os 800 participantes coñezan as posibilidades que ofrece a capital ourensá. Esta iniciativa prolongarase ata o xoves que vén, día 13.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →