Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

As termas do Muíño da Veiga xa contan cun acceso mellorado

Por   /  26/04/2016 

    Imprimir       Email
  • As termas do Muíño da Veiga contan desde onte cun acceso mellorado de tres quilómetros desde a N-120
Pablo Pérez, José Araújo e Jorge Pumar

Pablo Pérez, José Araújo e Jorge Pumar

 

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar; e o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez, visitaron onte xunto co concelleiro de Infraestruturas de Ourense, José Araújo, as obras nas termas do Muíño da Veiga, que contan desde hoxe cun acceso de tres quilómetros en mellores condicións.

A Deputación de Ourense destinou 60.000 euros para levar a cabo estas obras que consistiron no asfaltado aglomerado mixto do primeiro tramo e capas de zahorra para o resto, así como a construción de cembas (taludes) na zona máis próxima ao río.

Trátase dun proxecto levado a cabo conxuntamente entre a Deputación de Ourense e o Concello de Ourense no marco do Comité de Cooperación Permanente, entre ambas administracións, para a dinamización dos proxectos de interese común. Durante a visita, Jorge Pumar, incidiu no compromiso da institución “na colaboración en asuntos de interese común para o Concello de Ourense e o resto dos 91 concellos restantes” e, sobre todo, “unha clara aposta a prol do termalismo”.

Esta actuación supón o arranxo do “camiño da vía vella”, que conecta a N-120 co aparcadoiro da zona termal, “unha demanda veciñal e unha reivindicación dos usuarios que accedían en coche a través do acceso”, asegurou José Araújo.

As actuacións no camiño da Vía Vella, unha vez acondicionados os accesos, completaranse cunha mellora na sinalización para que os vehículos que transitan pola N-120 sentido Vigo estean mellor informados.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →