Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Ata o 14 de setembro poderán presentarse os orixinais para participar na XXXIV edición do premio de novela “Blanco Amor”

Por   /  06/08/2015 

    Imprimir       Email

1Fachada-Deputacin-300x213De conformidade co que acordou a Xunta de Goberno da Deputación de Ourense o pasado 27 de febreiro de 2015 o prazo de admisión dos orixinais, que se presenten á XXXIV edición do Premio Blanco-Amor de novela longa, rematará o luns 14 de setembro de 2015, cento dezaoito aniversario do nacemento en Ourense de Eduardo Blanco-Amor.

Este premio literario que se creou, coma iniciativa do Concello de Redondela, no ano 1981 e que, nesta ocasión está organizado pola Deputación de Ourense, ten unha dotación económica de 12.000€, e poderán participar nel todos os autores e autoras que presenten unha ou varias obras escritas en lingua galega segundo a normativa oficial. As obras presentadas terán que ser inéditas e, de cada unha delas presentaranse cinco copias asinadas cun lema, en paquete sen remite, dirixido á Deputación de Ourense, rúa do Progreso, n.º 32, 32003 Ourense, facendo constar no exterior “Para o XXXIV Premio Blanco – Amor”. Nun sobre anexo, pechado e baixo o mesmo lema, indicaranse o nome e enderezo do autor ou autora e, de ser posible, o seu teléfono e enderezo electrónico.

As novelas terán unha extensión mínima de 150 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman, tamaño de fonte 12) a unha soa cara e a dous espazos, ou de 75 folios mecanografados ou escritos en ordenador (fonte Times New Roman tamaño de fonte 12) a dúas caras e a dous espazos. Achegaranse tamén en soporte informático. O xurado fará público o seu veredicto, perante os medios de comunicación, o venres 27 de novembro de 2015 e a entrega do premio terá lugar nun acto literario organizado pola Deputación de Ourense, o martes 1 de decembro de 2015, trinta e seis cabodano do autor de A Esmorga.

Para máis información poden consultarse as bases na páxina web da Deputación de Ourense no seguinte enlace:http://www.depourense.es/index.php/es/premio-blanco-amor

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →