Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Baltar agradece ao COB que manteña “a ilusión dos miles de afeccionados de xogar na elite do baloncesto europeo”

Por   /  22/12/2015 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar recibe ao Consello de Administración do COB

0 MB e COB dic15

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu onte no Pazo Provincial ao presidente do Club Ourense Baloncesto, Antonio Gavilanes, e aos demais membros do Consello de Administración desta entidade deportiva, acompañados polo asesor de Deportes do goberno provincial, Bernardino González. No encontro, Manuel Baltar amosoulles aos representantes do COB o apoio que a institución provincial presta e seguirá prestando ao club de baloncesto para seguir entre todos impulsado desde o deporte a “Marca Ourense”, e sinaladamente “a través dunha entidade de tan importante relevancia no ámbito deportivo, mediático e promocional para a nosa provincia como é o Club Ourense Baloncesto, tendo en conta que na vindeira tempada participará na competición de baloncesto máis importante, a ACB”. Baltar agradeceu o traballo que a directiva, o corpo técnico e os xogadores están a realizar “para manter a ilusión deportiva dos miles de afeccionados ao baloncesto da provincia de Ourense cara o soño de xogar na vindeira tempada na elite do baloncesto europeo”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →