Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Benestar e o Concello dos Blancos analizan a posta en marcha dun centro de maiores para a localidade

Por   /  03/09/2015 

    Imprimir       Email

image_galleryA conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, mantivo hoxe en Santiago unha xuntanza co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro Blanco, para analizar a posta en marcha dun centro para maiores para esta localidade, entre outros temas de interese social. En concreto, o departamento autonómico estudará a viabilidade desta iniciativa unha vez que a Administración local presente na Consellería de Traballo e Benestar o anteproxecto. Deste xeito, os orzamentos de 2016 incluirán unha partida para a posta en marcha desta infraestrutura.

Mato destacou a importancia de poñer a disposición das persoas maiores servizos de calidade e, deste xeito, indicou que a posta en marcha de prazas públicas para este colectivo é unha das prioridades da Xunta, lembrando que Galicia é a segunda autonomía de todo o Estado con maior porcentaxe de servizos profesionais.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →