Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Bicis nas rúas

Por   /  14/10/2016 

    Imprimir       Email
  • As bicicletas encherán as rúas da capital ourensá
  • Con motivo da celebración do 32º “Día da Bici” que terá lugar o vindeiro domingo, 16 de outubro

 

Moncho Novoa, Pepe Alfaro, Mario Guede, Juan Anta, Carlos Moure e Bernardino González

Moncho Novoa, Pepe Alfaro, Mario Guede, Juan Anta, Carlos Moure e Bernardino González

 

As bicicletas encherán as rúas da capital ourensá o vindeiro domingo, 16 de outubro, con motivo da celebración do 32º “Día de Bici”. Baixo o lema “La bici te da vida, ¡úsala!”, este tradicional evento deportivo reunirá, un ano máis, a miles de ciclistas. A presentación desta iniciativa deportiva tivo lugar onte no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González; o concelleiro de Deportes de Ourense, Mario Guede, o presidente da Fundación “Ado Moure”, Carlos Moure, e representantes de “La Región”, Pepe Alfaro e Moncho Novoa.

Esta proba deportiva de carácter non competitivo é “un referente na provincia de Ourense, así o demostra a súa continuidade no tempo, que este ano chega a súa 32ª edición”, sinalou o deputado provincial de Deportes. “Trátase dunha festa familiar que desde o ano 1984, se ven celebrando de maneira ininterrompida, converténdose nunha das probas deportivas máis importantes de Ourense”, engadiu Juan Anta.

Pola súa parte, Carlos Moure destacou a importancia que ten este evento posto que “a nivel español, só hai un “Día da Bici” en Madrid”. Asemade lembrou que esta iniciativa naceu coa vocación de “concienciar á xente no uso da bicicleta, e cos anos, cada vez se practica máis este deporte, mostra disto é que actualmente hai máis bicicletas ca balóns nos fogares españois”. Outro do obxectivos desta celebración é “sensibilizar o respecto nas vías públicas de todos os usuarios a través deste día”, explicou o presidente da Fundación “Ado Moure”.

Mario Guede salientou a importante labor que realiza a Fundación “Ado Moure”, con esta tradicional celebración “que fará do vindeiro domingo, un día familiar en Ourense”.

A saída deste evento deportivo terá lugar ás 12.00 horas na Alameda do Concello. En canto ao número de inscritos, Carlos Moure dixo que se esperaba “unha participación similar a de anos anteriores, chegando ás 3.000 persoas”, e lembrou que non é necesario inscribirse para participar.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →