Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Bioleboreiro”, obradoiro de emprego para 20 persoas

Por   /  24/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Desempregados dos concellos ourensáns de Celanova, Bande e Verea participan nun obradoiro de emprego que ofrece formación en aproveitamento forestal
  • A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz, visitou aos 20 alumnos deste programa mixto de formación e emprego que conta cun investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 180.000 euros
  • As principais actuacións previstas teñen que ver con repoboacións forestais, tratamentos silvícolas e traballos de viverismo
  • Este ano o Goberno Galego concedeu 20 obradoiros de emprego na provincia de Ourense, 17 abertos a todas as idades e 3 específicos para menos de 30 anos a través de Garantía Xuvenil

231116-obradoiro

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, visitou onte o obradoiro de emprego “Bioleboreiro” que se está a desenvolver nos concellos ourensáns de Celanova, Bande e Verea e que conta con 20 alumnos. Deste programa mixto de formación e emprego tamén se benefician outras 5 persoas destes concellos que forman parte do persoal directivo, docente e de apoio administrativo. O alumnado compaxina unha formación teórico-práctica de traballos forestais e viverismo forestal co desenvolvemento dun traballo remunerado, grazas a un investimento da Consellería de Economía, Emprego e Industria de preto de 180.000 euros. Este programa mixto de formación e emprego dará continuidade ao celebrado o pasado ano e que se centrou nos sectores da apicultura, micoloxía e pastelería e confeitaría.

Na visita, Díaz Mouteira estivo acompañada dos alcaldes dos tres concellos beneficiados por esta iniciativa de emprego e do xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Tomás Paz.

Marisol Díaz salientou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade” e neste senso indicou que unha das prioridades do Goberno galego é mellorar a cualificación dos traballadores e traballadoras, ofrecéndolles unha formación vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional, como é o caso dos obradoiros.

A delegada territorial explicou que ante o éxito acadado o ano pasado co obradoiro de emprego “Terras de Rosendo” a Xunta decidiu conceder de novo un programa mixto de formación e emprego a estes tres concellos. A máxima representante do Goberno galego en Ourense subliñou que esta iniciativa contribuíu á realización dun servizo para a comunidade, xa que os alumnos e alumnas elaboraron e comercializaron produtos propios das comarcas de Terras de Celanova e da Baixa Limia para darlle un pulo ao desenvolvemento económico destas zonas e seguir a dinamizar o Camiño de San Rosendo.

231116-obradoiro-forestal

 

Actuacións proxectadas

O obradoiro deste ano ofrece formación e emprego a 20 persoas desempregadas durante 6 meses e conta con dúas especialidades: traballos forestais e viverismo forestal. O persoal a cargo do curso estará formado por un director, un titor, dous docentes e unha persoa administrativa de apoio.

O fin do obradoiro é a formación nestas especialidades e, concretamente, levarán a cabo traballos relacionados coa biomasa dos monte dos municipios que comparten esta iniciativa. Así, ata o próximo mes de marzo os alumnos están a desenvolver repoboacións forestais con especies adecuadas, traballos de correción hidrolóxico-forestal para evitar erosións, labores de apeo e procesado de árbores con motoserra e colleitadora forestal, desemboque e tratamento de subprodutos forestais e tarefas de descorche.

Marisol Díaz indicou que estes programas fomentan a colaboración institucional, xa que se realizan en coordinación coas Administracións locais.

Na provincia estanse a desenvolver 20 obradoiros de emprego que benefician a preto de 400 persoas en situación de desemprego dun total de 75 concellos ourensáns. O departamento autonómico de Economía, Emprego e Industria destina a estes programas preto de 3,5 millóns de euros. “Este esforzo enmárcase na aposta do Goberno galego por mellorar a calidade de vida e benestar das persoas sen emprego e para incrementar as súas oportunidades de acceder a un posto laboral”, apuntou a delegada territorial.

231116-obradoiro-celanova-bande-verea

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →