Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Campaña de bookcrossing no “Día do Libro”, 2.000 libros distribuídos polos parques de Ourense

Por   /  23/04/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación distribúe en parques de Ourense 2.000 libros nunha campaña de bookcrossing no “Día do Libro”
  • As obras postas a disposición dos cidadáns, un total de 60 títulos, corresponden a autores como Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Conde, Marcos Valcárcel, Xose Luís Méndez Ferrín, Alonso Montero, Manuel Luis Acuña e Pura Vázquez, entre outros
  • Manuel Baltar dixo que nesta data “destacamos aos creadores literarios ourensáns para que os cidadáns da capital e os dos 92 concellos da provincia compartamos cultura e leamos, falemos e escribamos sobre o noso, algo que nos fará máis grandes”

0 0 0 0  MB e bookcrossing 16

 

A Deputación de Ourense celebra hoxe o Día Mundial do Libro cunha actividade de bookcrossing, que consiste en depositar libros en parques e outros lugares públicos da capital e da provincia de Ourense para os recollan os lectores, os lean, e os deixen posteriormente nun lugar público a disposición doutros lectores. Un total de 2.000 obras literarias de autores galegos dos ámbitos da narrativa, fotografía, poesía, arte, historia, etnografía e narrativa infantil e xuvenil poñeranse en circulación gratuitamente para promover a lectura e os valores culturais, e sensibilizar sobre a importancia do libro como vehículo transmisor de coñecemento e cultura.

As obras, que pertencen aos fondos editoriais e bibliográficos da Deputación, figuran fóra da canle de venta habitual, e corresponden a autores como Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro, Xosé Conde, Marcos Valcárcel, Xose Luís Méndez Ferrín, Alonso Montero, Manuel Luis Acuña e Pura Vázquez, entre outros, ata completar un total de 60 titulos.

O acto de presentación da campaña tivo lugar esta mañá nos Jardinillos do Padre Feijoo, na capital ourensá, e contou coa participación do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; deputados e autoridades provinciais e o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar, coordinador da iniciativa.

“O obxectivo é poñer en valor o libro, os nosos escritores e os dereitos de autor, e promover a lectura, nunha provincia esencialmente literaria e cultural, na que se publicou o primeiro libro de Galicia, o Misal Auriense, e que este ano terá un destacado protagonismo no mundo coa organización do Congreso do PEN Internacional”, dixo Manuel Baltar. O presidente do goberno provincial afirmou que se trata “de destacar nesta data aos creadores literarios ourensáns para que os cidadáns da capital e os dos 92 concellos da provincia compartamos cultura e leamos, falemos e escribamos sobre o noso, algo que, sen dúbida, nos fará máis grandes”.

A Deputación de Ourense pon a disposición de cada concello da provincia un lote de libros e carteis para que poidan participar nesta campaña, que comeza hoxe e remata o vindeiro 8 de maio. Na cidade de Ourense, ademais do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, deixaranse libros en diferentes parque públicos como o Xardín do Posío, Alameda, Parque de San Lázaro, Parque Barbaña, Parque da Ponte, Alameda do Cruceiro, Parque das Mercedes, Parque “Angelita Varela” e Praza da Marina.

 

Relación de libros da campaña de Bookcrossing da Deputación de Ourense:

1. El Seminario de Ourense – Enrique Bande Rodríguez

2. A ollada do desexo – Eduardo Blanco Amor

3. La perdida historia del monasterio de Osera – Ernesto Fernández

4. En el límite de la escritura – Armando López Castro

5. Pájaro y enigma – Armando López Castro

6. Escolma de poemas – Eladio Rodríguez González

7. Edras do vento – Pura Vázquez

8. Una historia del arte universal – Ramón Otero Pedrayo

9. Radiografía ambiental de Galicia – Francisco Peña

10. Crónicas dunha rúa – Arturo L. R.-Vispo Rodríguez

11. San Rosendo, a súa vida e a súa obra – Enrique Bande Rodríguez

12. Chamoso Lamas – Enrique Bande Rodríguez

13. Alexandre Bóveda – Enrique Bande Rodríguez

14. Xaquín Lorenzo, Xocas – Enrique Bande Rodríguez

15. Antoloxía – Celso Emilio Ferreiro

16. Trilogía interior – Manuel Fernández Santamaría

17. Firgoas – Manuel Luis Acuña

18. Nimbos – Xosé María Díaz Castro

19. Autores ourensáns no Día das Letras Galegas – Mercedes Pacheco Vázquez

20. Archivos de la memoria y el mar – Miguel Mosquera Paans

21. Institucións docentes e grandes mestres en Ourense – Enrique Bande.

22. Aquellas estrellas de nuestra vida – Abelardo Gabriel

23. 180 años de historia provincial – Deputación Provincial de Ourense

24. A grande aventura do libro – Deputación Provincial de Ourense

25. Longa noite de pedra/Larga noche de piedra – Celso Emilio Ferreiro

26. Teoría de Galicia – Ramón Otero Pedrayo

27. A palabra máxica – Deputación Provincial de Ourense

28. Ensaios e artigos – Albino Núñez

29. Relacións Igrexa-Estado – José Agustín González

30. Ben-Cho-Shey – Xesús Alonso Montero

31. Ausencias, soños e rebeldías – Xosé Conde

32. Os sulcos e os ventos de Alvaro – José Luis Casas

33. Falas secretas – Jorge Rodríguez Gomes

34. Voz e voto – Varios autores

35. Volumen Apropiado. Pablo Gargallo, Ramón Acín e Pablo Serrano

36. Terra de Frieiras. Eligio Rivas e José Ramón Cruz

37. Reflexarte. Reflexarte

38 Xavier Pousa en Ourense. Xavier Pousa

39 Autorretratos de Mónica Ortuzar. Mónica Ortuzar

40 Bahón. Á Segunda vai a vencida

41 Acisclos. Acisclo Manzano “Colección” /Acisclo Novo

42 Alex Vázquez. Como ó aire se pinta a si mismo.

43 Arturo Andrade. A madeira antes do son

44 Moncho Borrajo 25 años. Moncho Borrajo

45 Xose Luis Méndez Ferrin. Méndez Ferrin

46 Jesús Costa. Migración

47 Zona de Exclusión. Zona de exclusao

48 Carlos G. Villar e Baldo Ramos. Onde beben os cervos que amansou o calígrafo

49 Arturo Baltar. Antoloxia

51 Alfonso Biokondoa. Espindo nenúfares sobre a pel dun tigre.

52 Luis Gabotto. Grafitos, tintas acuarelas

53 Cochorro. Punto de partida

54 Manuel Vidal. Nacer e vivir no Camiño de Santiago

55 Marcos Valcárcel. O Valor da xenerosidade

56 Mostra de Mestres Pintores. II Mostra Mestres Pintores.

57 Henrique Silva. Henrique Silva

58 Ocaña Martínez. Rudesindus

59 Luis Vecino e Ángel Soldevilla. Diálogos

60 Autores Ourensáns no Dia das Letras Galegas

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →