Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

CCOO Ensino Ourense defende en todo momento a actuación da docente de Verín

Por   /  29/09/2015 

    Imprimir       Email

 

 

  • CCOO ENSINO OURENSE DEFENDE EN TODO MOMENTO A ACTUACIÓN DA DOCENTE DE VERÍN

CCOO EnsinoAnte as difamacións realizadas nos últimos días contra unha profesora de ensino secundario da Especialidade de Lingua Inglesa do IES García Barbón de Verín,

CCOO-Ensino Ourense quere amosar o seu total e rotundo apoio á súa labor e ao do equipo directivo.

CCOO Ensino Ourense as considera un ataque inxustificado, que forma parte dunha campaña de desprestixio e de distorsión dos feitos, a unha docente e a un centro educativo que cumpriron en todo momento coa súas obrigacións de forma correcta e adecuada, xa que a súa actuación foi sempre avalada pola administración educativa, tanto nas reclamacións presentadas no mes de xuño como na única presentada no mes de setembro, todas desestimadas polo organismo competente en materia de reclamacións da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que sempre ratificou como correcta a labor da docente e do centro educativo.

CCOO Ensino Ourense lamenta que poda ser obxecto de difamación e ataque mediático na prensa o feito de que un/unha profesor/a cumpra de forma correcta coas súas obrigacións.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →