Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Celebración do Día Internacional do Libro cun espazo de bookcrossing

Por   /  23/04/2015 

    Imprimir       Email

1Fachada DeputacinA Deputación de Ourense celebra o Día Internacional do Libro habilitando mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” un espazo de bookcrossing, en colaboración con Servizo de Publicacións da institución provincial. Desta maneira “liberaranse” máis dun cento de exemplares, tanto de publicacións propias como doutras adquiridas a diferentes editoriais e que forman parte dos fondos da Deputación.

Dende as 10.00 horas, as persoas que desexen participar nesta iniciativa poderán atopar publicacións vencelladas ao mundo das artes plásticas, historia, poesía, galeguismo, banda deseñada, tradicións, música, patrimonio, deporte e arqueoloxía, entre outras.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →