Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Comeza a campaña de vialidade invernal en Ourense

Por   /  21/11/2015 

    Imprimir       Email

A Deputación de Ourense comeza coa campaña de vialidade invernal.

  • O operativo conta con 49 vehículos e maquinaria que actuarán en 2.040 quilómetros de estradas da provincia
Campaña de Vialidade Invernal da Deputación de Ourense

Campaña de Vialidade Invernal da Deputación de Ourense

 

A Deputación de Ourense comeza coa campaña de vialidade invernal, así o confirmou o deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, Pablo Pérez. A campaña ten como obxectivo “reforzar a seguridade nas estradas provinciais para facer fronte ás adversidades meteorolóxicas propias do inverno”, asegurou Pablo Pérez na súa visita ás instalacións do parque móbil e maquinaria da Deputación de Ourense no Polígono de San Cibrao.

Para elo, porase en marcha un operativo que contará con 49 vehículos e maquinaria entre os que se atopan quitaneves, motoniveladoras, cargadoras e vehículos de menor tamaño con cuchilla, que levarán a cabo actuación nos 2.040 quilómetros de estradas da provincia de Ourense sendo 1.840 quilómetros de vías provincias e 200 quilómetros de vías municipais.

Cabe destacar que a previsión de almacenaxe de sal para as estradas achégase ás 1.890 toneladas e o persoal da Deputación adscrito a este operativo é de 62 persoas entre técnicos, celadores, vixiantes e operadores de maquinaria. O almacenaxe de sal realízase en almacéns situados nos concellos de San Cibrao das Viñas (800 toneladas), Viana do Bolo (200), Xinzo (200), Verín (200), Bande (150), Pobra de Trives.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →