Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Compromiso coa asociación Auria

Por   /  30/05/2016 

    Imprimir       Email
  • Díaz Mouteira destaca o compromiso da Xunta coas persoas diabéticas nunha xuntanza coa presidenta da asociación Auria
  • Na actualidade a Xunta colabora coa entidade na contratación de persoal
  • A delegada territorial en Ourense coñeceu as actividades que desenvolve este colectivo e as súas principais necesidades
  • Clausurou no Espazo Xove unha exposición fotográfica protagonizada polos máis pequenos desta asociación
Marisol Díaz destacou o traballo da Xunta na prevención da diabetes

Marisol Díaz destacou o traballo da Xunta na prevención da diabetes

 

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu hoxe no seu despacho á presidenta da Asociación de persoas diabéticas de Ourense, Auria, Mª Paz Gómez del Valle e a membros da xunta directiva. Na xuntanza a máxima representante do Goberno galego en Ourense transmitiu á responsable de Auria o seu compromiso coas persoas que sofren diabetes e, logo de escoitar as principais necesidades deste colectivo, trasladoulle a total dispoñibilidade da Administración autonómica para “garantir o benestar deste colectivo”. Na actualidade o Goberno galego colabora coa asociación de diabéticos de Ourense na contratación de persoal a través da Orde de subvencións para fundacións e entidades sen ánimo de lucro que contraten traballadores desempregados para a realización de servizos de interese xeral e social.

300516 Diabéticos AURIA

 

Ademais, Marisol Díaz destacou o traballo da Xunta na prevención da diabetes que é un dos principais problemas sanitarios da actualidade, xa que a súa elevada prevalenza e a morbilidade asociada a converten nunha das patoloxías que maiores recursos consume nos sistemas sanitarios.

Díaz Mouteira coñeceu as actividades que realiza a cotío esta asociación e así acompañou a membros desta asociación na clausura da exposición fotográfica que durante o mes de maio estivo colgada no Espazo Xove. A mostra está composta por fotografías protagonizadas polos nenos e nenas de Auria e realizadas durante unha saída polo casco histórico da cidade organizada pola asociación, pero inclúe ademais paneis informativos sobre esta enfermidade.

300516 Asoc. AURIA

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →