Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Consello Europeo de Economía Sostible: Ourense, sede e provincia fundadora

Por   /  28/10/2016 

    Imprimir       Email
  • Ourense será sede e provincia fundadora do Consello Europeo de Economía Sostible
  • A elección de Ourense para acoller esta sede europea é consecuencia directa da misión comercial USA, na que participou o presidente do Consello Americano de Negocios Sostibles (ASBC), David Levine, quen avaliou o compoñente medioambiental do goberno provincial
  • Manuel Baltar impulsa a creación desta asociación desde Ourense para Europa, logo de asinar con David Levine, presidente da ASBC, que engloba a 250.000 empresas USA, un acordo de colaboración para potenciar as políticas medioambientais nas empresas e administracións públicas europeas en cooperación co organismo norteamericano
  • O Consello Europeo de Economía Sostible permitirá a cidadáns, empresas e administracións da UE participar activamente nos ámbitos da “economía verde”, favorecendo a posta en marcha de proxectos empresariais e sociais que avancen na cultura da sostibilidade

 

levinebaltar

 

Ourense será sede e provincia fundadora do Consello Europeo de Economía Sostible (European Sustainable Economy Council), unha asociación permitirá a cidadáns, empresas e administracións da Unión Europea ter unha maior fortaleza e presenza nas políticas medioambientais e participar activamente nos ámbitos da “economía verde”, favorecendo a posta en marcha de proxectos empresariais e sociais que avancen na cultura da sostibilidade.

A elección de Ourense para acoller esta sede europea é consecuencia directa da misión comercial USA, na que participou o presidente do Consello Americano de Negocios sostibles (ASBC), David Levine, quen avaliou o compoñente medioambiental do goberno provincial.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, está a impulsar a creación desta asociación -que tería a súa proxección desde Ourense cara aos países da Unión Europea-, logo de asinar no Pazo Provincial con David Levine, presidente da ASBC –organización que engloba a 250.000 empresas USA-, un acordo de colaboración para levar a cabo a creación do Consello Europeo de Economía Sostible e potenciar así as políticas medioambientais nas empresas e administracións públicas europeas en cooperación con este organismo norteamericano.

Esta alianza estratéxica que Baltar e Levine veñen de asinar como representantes da Deputación de Ourense e da ASBC permite sentar as bases da creación dunha asociación de carácter europeo en favor da sostibilidade que tería a súa sede en Ourense. Neste sentido, Manuel Baltar afirma que o gobernos “deben potenciar os motores social e empresarial da economía para que sexan axentes de recuperación e revitalización, e para que favorezan modelos económicos sostibles, porque estou convencido de que medio ambiente e competitividade non son opostos senón compatibles”.

Días pasados, en Bruxelas, Manuel Baltar xa expresara na Semana Europea das Rexións e as Cidades a importancia “de ir cara á cultura global da sostiblidade”, e avanzou que non descartaba “que o goberno provincial liderase en breve proxectos medioambientais de grande importancia”. “As alianzas público-privadas son esenciais para o desenvolvemento sostible, e por elo, a prioridade medioambiental debe ser unha máxima dos nosos gobernos e un eixo de actuación central para que, xunto coas empresas e corporacións, poidamos xerar economías sostibles reais, competitivas e eficaces, para os cidadáns, para as empresas e para os lugares nos que vivimos”, defende Baltar.

“Goberno verde”

O compromiso da Deputación de Ourense co desenvolvemento sostible é amplamente coñecido. Desde 2011 vén levando a cabo importantes iniciativas en materia de sostibilidade e “goberno verde”, como as que se recollían no plan de mandato “Ourense 92”: a Rede de Municipios Ourensáns cara á Sostibilidade ou o Observatorio da Sostibilidade da Provincia de Ourense. A continuidade destas políticas referéndase no Plan “Ourense 15-19” con accións como a posta en marcha da Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente -que Manuel Baltar presentou ao comisario Europeo de Enerxía en Bruxelas-, ou iniciativas nos ámbitos da cooperación sostible, a transparencia e a participación cidadá.

Esta visión que defende Manuel Baltar tamén se viu reflectida na recente Misión Comercial USA, que incluía nos seus eixes estratéxicos a sostibilidade e o medio ambiente, motivo polo cal visitou Ourense o presidente da American Sustainable Business Council, David Levine, quen coñeceu de primeira man as políticas medioambientais que impulsa Manuel Baltar e que desenvolve a Deputación de Ourense, aplicando a innovación tecnolóxica e tendo como obxectivo a mellora dos servizos no territorio provincial independentemente de onde residan os cidadáns. Esta prioridade e impulso polos “proxectos verdes” fixo que David Levine considerase á provincia de Ourense como un territorio propicio e un modelo a imitar en Europa no que atinxe a desenvolvemento de políticas sostibles.

Precisamente, esta é a finalidade da asociación que preside en Estados Unidos, fundada en 2009 e que hoxe reúne a máis de 250.000 empresas e 325.000 executivos, investidores e mesmo cidadáns, cuxas expectativas xiran en torno ao deseño de programas que sensibilizan e informan á sociedade e aos responsables públicos sobre os beneficios dunha economía máis sostible e sobre políticas e prácticas que contribúen a acadar este obxectivo. “Para lograr ese equilibrio –explica David Levine- hai que conseguir reestruturar o sistema económico, pois o desenvolvemento sostible da economía é compatible coa prosperidade compartida, coa protección do medio ambiente e coa xustiza social, e para iso a implicación conxunta das administracións e do ámbito empresarial é fundamental”.

Levine avoga por unha maior presenza nos medios de comunicación dos líderes empresariais “para que inclúan nas súas axendas máis temas baseados nos principios de sostibilidade. Nós, desde a ASBC, traballamos na construción de modelos colaborativos e que xeren situacións “win-win”, e neste sentido, nos últimos anos temos propiciado acordos de colaboración entre administracións públicas, organizacións empresariais e líderes de diferentes países do mundo”.

David Levine traballou durante máis de trinta anos como emprendedor social e antes de asumir a dirección da ASBC foi director de Educación Continua e Programas Públicos no Centro de Posgraos da Universidade de Nova York.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

La mercancía incautada

Detenidos en Oímbra dos vecinos de Portugal por un delito contra la propiedad industrial por transportar ropa falsificada por valor de 11.000 euros

Leer mas →