Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Convenio en materia de abastecemento entre Deputación e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro

Por   /  19/03/2016 

    Imprimir       Email
  • Convenio de cooperación en materia de abastecemento entre a Deputación e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro

Montserrat Lama.

 

A deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, deu conta onte dos acordos da Xunta de Goberno da institución provincial correspondente ao venres 18 de marzo de 2016, no que destaca o convenio de cooperación entre a Deputación de Ourense e os concellos de Cenlle, Punxín e San Amaro para a prestación de asistencia para a xestión do abastecemento en Alta “Razamonde–San Trocado” durante o exercicio 2016.

Por parte destes concellos solicitouse da Deputación a prestación da dita asistencia para o abastecemento, e tralos estudos e negociación das posibles fórmulas acadouse un acordo en canto ás condicións da dita asistencia. O servizo prestarase pola Deputación a través da entidade AquaOurense, Sociedade Provincial de Augas e Medio Ambiente, S.L.

En contraprestación polo servizo prestado, a Deputación de Ourense percibirá a seguinte retribución económica: do Concello de Cenlle: 1.737,05 euros; do Concello de Punxín, 1.085,66 euros, e do Concello de San Amaro, 1.519,92 euros. O convenio estará vixente entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2016.

Montserrat Lama destacou a importancia dos convenios de colaboración entre Deputación de Ourense e os concellos da provincia “para levar a cabo obras, servizos e infraestruturas que teñen na cooperación institucional o seu piar fundamental”.

Por outra banda, a Xunta de Goberno de hoxe acordou aceptar a desistencia do Concello de Amoeiro, acordando o arquivo do expediente expropiatorio incoado pola Deputación, por delegación de competencia do devandito concello, para a execución do proxecto “Ampliación da rúa Costureiras”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →