Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Cooperación na procura de oportunidades para os emprendedores ourensáns

Por   /  28/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Deputación e Xóvenes Empresarios cooperan na procura de oportunidades para os emprendedores ourensáns
Babarro e Baltar

Babarro e Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial co presidente da Asociación de Xóvenes de Ourense, Lois Babarro, con que analizou iniciativas de colaboración conxunta entre ámbalas dúas entidades para levar a cabo no año 2017. Entre elas figura a co-organización por parte da institución provincial e da asociación empresarial da edición 2017 dos Premios Empresario Xoven Galego do Ano, que se celebrará no mes de xaneiro. Asemade, Baltar e Babarro confirmaron manter liñas de cooperación en temas relacionados co emprendemento, e sinaladamente os referidos ás oportunidades para os xóvenes empresarios locais, tendo en conta a programación que Babarro presentou ao presidente do goberno provincial.

Tamén, o presidente dos Xóvenes Empresarios de Ourense saudou favorablemente a invitación por parte do presidente Baltar para formar parte do futuro Consello Europeo de Economía Sostible -que terá a súa sede en Ourense-, asumindo como prioritarios os postulados medioambientais ese proxecto, “motor da economía sostible que todos procuramos”, afirma Manuel Baltar.

O Consello Europeo de Economía Sostible (European Sustainable Economy Council), permitirá a cidadáns, empresas e administracións da Unión Europea ter unha maior fortaleza e presenza nas políticas medioambientais e participar activamente nos ámbitos da “economía verde”, favorecendo a posta en marcha de proxectos empresariais e sociais que avancen na cultura da sostibilidade. A elección de Ourense para acoller esta sede europea é consecuencia directa da misión comercial USA, na que participou o presidente do Consello Americano de Negocios sostibles (ASBC), David Levine, quen avaliou o compoñente medioambiental do goberno provincial.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →