Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Curso para achegar a música antiga no C.C. Marcos Varcárcel

Por   /  21/07/2016 

    Imprimir       Email
  • Un curso achegará a música antiga aos cidadáns
  • Do día 26 ao 29 de xullo terán lugar concertos e conferencias no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, a Igrexa de Santa María de Gracia (Monterrei) e no Auditorio CMUS Ourense
Presentación do curso de Música Antiga

Presentación do curso de Música Antiga

 

Un curso de “Música Antiga” achegará esta vertente musical aos cidadáns en Ourense a través de concertos e conferencias que se celebrarán do día 26 ao 29 de xullo no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”; a Igrexa de Santa María de Gracia en Monterrei, e no Auditorio CMUS Ourense. A presentación desta iniciativa cultural tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o director do curso, Jorge Fuentes; a directora do Conservatorio de Ourense, Purificación Iglesias; e a profesora de clavecín, María del Mar Blanco.

Rosendo Fernández destacou “a intensidade na programación musical de Ourense, que con este curso completa a oferta cultural en toda a provincia. Trátase dunha nova aposta da Deputación de Ourense pola cultura, neste caso pola música, con expectativas de mantemento e consolidación no tempo”.

Jorge Fuentes explicou que neste primeiro curso de música antiga “intervirán as sete especialidades para facer algo interesante, pedagóxico e divulgativo, con profesores de España, Portugal e Suiza”. O lugar escollido para a celebración desta acción formativa foi Ourense “porque foi o primeiro lugar no que houbo, propiamente, un departamento de música antiga, e completar tamén a oferta cultural de Ourense”, salientou o director do curso.

Pola súa banda, María del Mar asegurou que este curso resulta “moi importante para divulgar a música antiga en Galicia. Temos os instrumentos orixinais, e queremos facer como unha especie de restauración, tocando música barroca desde unha perspectiva diferente, con outros instrumentos. Este curso abre a posibilidade de que a xente poida vir a coñecer os distintos instrumentos nos concertos e nas conferencias que se van a celebrar”.

O deputado provincial de Cultura dixo que a través desta iniciativa “seguimos a construír e a mellorar a cultura nun sentido amplo. Ademais, este curso ten unha dobre vertente, ofrece a posibilidade de gozar da música cos concertos e, na parte da aprendizaxe contribúe ao desenvolvemento das persoas”.

En canto á programación prevista para eses días, a apertura do curso terá lugar no Auditorio o día 26 de xullo, ás 10.00 horas. Ese mesmo día, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, ás 18.00 horas, será a quenda para a charla-obradoiro sobre a Evolución do s. XVII ao XX, a cargo de Jorge Rentería. Seguidamente, ás 19.15 horas, O Clarinete e o Chalumeau no s. XVIII: orixes, diferenzas e repertorio, por Carlos Cerrada. O 27 de xullo, no mesmo edificio, ás 18.00 horas, unha charla-taller impartida por Carlos Caramés baixo o título, Hacia unha nova clasificación dos claves históricos. A xornada rematará ás 20.15 horas cun concerto no que actuarán “El Pensil Barroco”, “Ensembles de música de cámara”, e “Luis Martínez Pueyo (La Guirlande)”. O día 28 de xullo, na Igrexa de Santa Maria de Gracia, terá lugar ás 20.15 horas, un concerto a cargo de “El Pensil Barroco” e “Ensembles de música de cámara”. O concerto de clausura celebrarase o día 28 de xullo no auditorio de Ourense, ás 20.15 horas, coa entrega de diplomas.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →