Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Deputación de Ourense, Xunta e Concello de Celanova asinan o convenio para o construción dun campo de fútbol de céspede artificial

Por   /  30/07/2015 

    Imprimir       Email

1Fachada-Deputacin-300x213

A vila de Celanova contará este ano cun campo de fútbol de céspede artificial que se construirá na zona deportiva situada xunto á estrada de Cortegada, na contorna que comprende o campo de fútbol de herba natural, pistas polideportivas e outro campo de fútbol de terra –no que adestran os equipos locais-, que será onde se leven a cabo as obras de mellora.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e o alcalde de Celanova, José Luis Ferro, asinaron hoxe no Pazo Provincial o convenio de cooperación -rubricado tamén polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete- que contempla un orzamento de 250.000 euros, dos cales a Xunta achegará 125.000 euros, a Deputación de Ourense 75.000 euros e o Concello de Celanova 50.000 euros, para construción do dito campo de fútbol, cuxa obra prevé estar finalizada no presente ano 2015.

Trala firma do convenio, Manuel Baltar destacou a importancia da cooperación entre administracións “para levar a cabo obras de infraestruturas deportivas que, como neste caso, permitirán aos veciños e veciñas de Celanova ter á súa disposición unhas modernas instalacións deportivas que permitirán seguir potenciando a práctica deportiva e a actividade física na vila celanovesa”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →