Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Deputación e Xunta acordan dinamizar os camiños de Santiago da provincia de Ourense

Por   /  14/10/2015 

    Imprimir       Email
  • O vindeiro 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta.

A Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia dinamizarán os camiños de Santiago que discorren pola provincia de Ourense. Así o acordaron o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, na reunión que mantiveron no Pazo Provincial, na que tamén participou o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e na que analizaron temas referidos aos ámbitos turístico e cultural da provincia.

Nava Castro, Manuel Baltar e Rafael Sánchez

O tema central do encontro foi avaliar o estado das vías xacobeas na provincia ourensá así como aspectos referidos á sinalización, firme, limpeza das contornas dos camiños e promoción dos mesmos. Neste senso, o vindeiro 4 de novembro convocarase no Pazo de Vilamarín aos alcaldes dos concellos polos que discorre a Vía da Prata para informarlles dos plans da Xunta, e noutra data posterior citaranse aos rexedores locais dos municipios do denominado Camiño de Inverno.

A Deputación de Ourense amosou a súa “dispoñibilidade máxima a colaborar na posta en valor dos camiños de Santiago que atravesan a nosa provincia e polos que transitan milleiros de peregrinos”, afirmou Manuel Baltar.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →