Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Deputación e Xunta estudan renovar o convenio para obras de reparacións en centros educativos da provincia

Por   /  11/02/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar recibiu no Pazo Provincial á delegada territorial en Ourense, Marisol Díaz, con quen analizou temas de cooperación institucional

0 0 MB e MDM feb16

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial á delegada territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, con que analizou termas de cooperación institucional entre ámbalas dúas administracións. Entre os asuntos tratados figurou a posible renovación do convenio de colaboración entre Deputación de Ourense e Xunta de Galicia para a realización de obras de reparacións en centros educativos da provincia de Ourense, e tamén estudaron a posibilidade de realizar investimentos, conxuntamente entre o goberno provincial e a Xunta de Galicia, en, aló menos, 32 concellos da provincia. Ademais destes asuntos, Baltar e Díaz repasaron as iniciativas e proxectos de colaboración que as dúas administracións manteñen nos ámbitos cultural, termal, social e de infraestruturas e servizos.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →