Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Desactivada a “situación 2” no incendio forestal activo en Ourense, parroquia de Palmés

Por   /  29/07/2015 

    Imprimir       Email

Pequeño incendioA Consellería do Medio Rural e do Mar vén de desactivar ás 14:15 horas a “Situación 2”, tras decretarse onte como medida preventiva no incendio forestal rexistrado no concello de Ourense, parroquia de Palmés. Esta situación operativa de emerxencia declarárase pola proximidade do lume a bens non forestais e a núcleos habitados.

O lume iniciouse ás 16:03 horas de onte e permanece activo polo de agora. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 197 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 10 axentes forestais, 28 brigadas, 10 motobombas, 1 pa, 12 helicópteros e 11 avións. Tamén están colaborando membros da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →