Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

‘Descubre Padrenda’… no C.C. Marcos Valcárcel

Por   /  30/03/2016 

    Imprimir       Email
  • A exposición Descubre Padrenda exhibe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a riqueza paisaxística e histórica do municipio

0 0 Exposicin Padrenda

 

O Concello de Padrenda promociona os seus principais recursos cunha exposición titulada “Descubre Padrenda”, que pode visitarse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense ata o vindeiro domingo, 3 de abril. Esta mostra, promovida pola Asociación veciñal, cultural e deportiva de Padrenda, coa colaboración da Deputación de Ourense, fai un percorrido por elementos básicos da historia do municipio como é a súa condición de “concello da raia” e o peso que o estraperlo ou contrabando, basicamente de café e plátanos, tivo na súa economía.

Outra das cuestións que promociona esta exposición son as súas rutas de sendeirismo, especialmente as rutas pola Reserva Fluvial Internacional de Europa da que forman parte, onde se integran os ríos Troncoso e Gorgua e nos que se inclúe unha fermosa Ruta dos Muíños. Asemade, móstrase como o concello de Padrenda forma parte do itinerario cultural e relixioso do Camiño Xacobeo Miñoto Ribeiro.

Dentro da exposición, tamén hai un espazo dedicado ás diferentes actividades deportivas que teñen lugar no municipio, como “Padrenda Bike” ou o “Trail Internacional de Ramboia”, que se celebrará o día 4 de setembro.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →