Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Día da Bici”: ocio, deporte e saúde

Por   /  23/09/2015 

    Imprimir       Email

A 31ª edición do “Día da Bici” reúne ocio, deporte e saúde.

  • A Deputación de Ourense colabora con esta actividade lúdico-deportiva que encherá o vindeiro domingo as rúas de Ourense de miles de ciclistas de todas as idades

O Día da Bici chega a súa 31ª edición baixo o lema “La bici te da vida, úsala”. Celebrarase o vindeiro domingo, 27 de setembro, e encherá as rúas da capital ourensá de miles ciclistas de todas as idades. O acto de presentación tivo lugar esta mañá no Pazo Provincial e contou coa presenza do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de deportes da Deputación, Bernardino González; o concelleiro de deportes do Concello de Ourense, Mario Guede; o presidente da fundación Ado Moure, Carlos Moure; o presidente da Federación Gallega de Ciclismo, Carlos Muñiz; e Moncho Novoa en representación do xornal “La Región”.

Rosendo Fernández afirmou que esta celebración “xunto coa San Martiño é a proba máis popular que temos en Ourense”, e destacou o carácter non competitivo que ten esta celebración deportiva sendo unha auténtica festa familiar. Tal e como dixo Rosendo Fernández, a Deputación de Ourense “colabora coas actividades que emanan da cidadanía”, ademais o ente provincial foi o “promotor desta iniciativa lúdico-deportiva dende o principio e hoxe é unha actividade que aínda sendo histórica se fai máis moderna que nunca”.

A 31ª edición do “Día da Bici” reúne ocio, deporte e saúde

A saída terá lugar ás 12.00 horas na Alameda e todos os que queiran participar poderán facelo libremente. Os interesados en participar nos sorteos deberán inscribirse na carpa situada no Centro Cultural Angel Valente (antigo Banco de España).

Esta actividade que se ven celebrando dende o ano 1984 de maneira ininterrompida converteuse co paso do tempo “nunha das manifestacións con maior arraigo e participación popular que se celebra na cidade de Ourense”, manifestou Carlos Moure, engadindo que nos seus inicios o “Día da Bici” “pretendía fomentar o uso da bicicleta. O seguinte paso foi consolidala como unha festa familiar dirixíndoa principalmente aos nenos. O seguinte foi buscar a concienciación cara o respecto dos usuarios das bicis e, por último, confluír no que é este ano unha acepción reivindicativa”, tratando de dar visibilidade as altas cifras de sinistralidade existentes nos ciclistas.

Mario Guede dixo que desde o Concello “queremos estar presentes neste evento tan importante para a cidade pensando que a nosa ilusión é facer un Ourense activo e saudable”, e insistiu “en volver darlle normalidade a esta proba que nos últimos anos por diferentes razóns tivo os seus problemas”.

O ciclismo é un deporte, segundo Carlos Muñiz, que “ten valores como a constancia, a perseveranza, o sacrificio e a diversión. Un deporte sostible, non contaminante, no que como ben di a campaña: “Enriba dunha bicicleta non só vai un ciclista, vai unha vida”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →