Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

‘É necesaria unha política máis participativa, transparente, aberta e eficiente, como demandan os cidadáns’ Jiménez Asensio

Por   /  16/10/2015 

    Imprimir       Email
  • Na xornada de formación para cargos electos organizada pola Deputación de Ourense o catedrático da Universidade Pompeu Fabra falou hoxe sobre “Como gobernar un concello”.
  • Manuel Baltar afirmou que esta actividade “permite aos rexedores locais actualizar a súa formación coa finalidade de prestar un mellor servizo público e realizar unha mellor xestión a prol dos cidadáns”.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, inaugurou hoxe no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” a Xornada de formación para cargos electos da provincia de Ourense, na que se abordou o tema “Vademécum de política municipal. Como gobernar un concello”, a cargo de Rafael Jiménez Asensio, consultor especialista en administracións públicas e catedrático da Universidade Pompeu Fabra de Barcelona. O acto contou tamén coa participación do xefe de sección de Formación da Deputación de Ourense, Carlos Castiñeiras.

Jiménez Asensio, Manuel Baltar e Carlos Castiñeiras

Jiménez Asensio, Manuel Baltar e Carlos Castiñeiras

Jiménez Asensio Avogou pola necesidade de cambiar e facer “unha política participativa, transparente, eficiente e aberta, como demandan os cidadáns”, mentres que Manuel Baltar destacou que o tema do relatorio “é de grande importancia para os rexedores locais porque lles permite dispoñer de formación actualizada e plantexar preguntas e cuestións a expertos nesta materia, coa finalidade de que os gobernantes poidan prestar un mellor servizo público e realizar unha mellor xestión a prol dos cidadáns”.

O presidente do goberno provincial subliñou que nos orzamentos da institución provincial para 2016 –aprobados no pleno do pasado mes de setembro- “fixamos unha partida presupostaria denominada “Formación de cargos públicos electos locais”, e lembrou que o profesor Jiménez Asensio, “xa presentara na Deputación de Ourense o “Libro verde dos gobernos locais intermedios”, e hoxe presenta o seu traballo “Como gobernar un concello”, na liña na que está a traballar o goberno provincial, que neste cuadrienio 2015-2019 fai unha firme aposta pola política, que se traduce en máis dotación económica e de persoal para os grupos políticos para que todos poidamos facer plantexamentos en clave provincial e sempre en positivo, e unha cuestión fundamental é a formación; hai semanas presentamos o primeiro Manual da Deputada e o Deputado Provincial que se ten publicado en España, cumprindo un compromiso feito no primeiro Debate sobre o Estado da Provincia, e onde tamén expliquei que habería dúas xornadas formativas para cargos electos”.

No seu relatorio, Jiménez Asensio explicou que nuns momentos duros para a política, con moita desafección cidadá, “actos como o de hoxe, de política institucional, son de agradecer, neste caso á Deputación de Ourense e ao seu presidente, porque se trata de facer política con maiúsculas e non con minúsculas, como tiven ocasión de comprobar hoxe nunha noticia referida a esta xornada. Eu teño presentado este relatorio por todo o Estado e nunca xurdiu ningún problema”, e citou como exemplo que hai dous días presentouno en Durango diante rexedores vascos de todas as cores políticas “e alí había alcaldes do PNV, de Bildu, do PP e do PSOE e non houbo ningún problema porque non se trata de falar de política no sentido ideolóxico senón institucional, poñendo en valor a importancia que teñen as institucións para o desenvolvemento da boa política, falando en positivo, co obxectivo de gañar a confianza dos cidadáns nun momento difícil para a política”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →