Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Economía, cultura, transparencia e infraestruturas, temas das primeiras comisións informativas do período 2015-2019

Por   /  16/09/2015 

    Imprimir       Email
  • Trataranse os Orzamentos de 2016, o Plan Provincial de Obras, a participación en MEISA, a modificación de tarifas no aparcadoiro anexo ao CHUOU, a RPT 2016 e o convenio de cooperación deputación-concellos en materia de transparencia.

1Fachada DeputacinAs primeiras comisións informativas da Deputación de Ourense do período 2015-2019 celebran as súas reunións hoxe mércores e mañá no Pazo Provincial, xuntanzas nas que analizarán temas de economía, cultura, transparencia e infraestruturas. En concreto, entre os asuntos figuran os Orzamentos de 2016, a aprobación das bases para a elaboración e execución do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial, a dación de conta do decreto relativo ao préstamo participativo a favor de MEISA, a modificación de tarifas no aparcadoiro anexo ao CHUOU, a RPT 2016 e o convenio de cooperación entre a deputación e os concellos en materia de transparencia.

Mañá xoves constitúense as comisións de Cultura, Termalismo e Igualdade. En concreto, na de Cultura darse conta da aprobación por parte da Xunta de Goberno da programación anual e prezos públicos para o curso 2015-2016 da Escola de Gaitas e da Escola de Danza da Deputación de Ourense, e tamén da fixación de prezos das publicacións que editará a Deputación.

Hoxe, na comisión de Transparencia e Administración Provincial abordarse a proposta de adhesión da Deputación de Ourense como socio titular á Rede de entidades locais para a transparencia e participación cidadá da Federación Española de Municipios e Provincias, e tamén se proporá a aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo (RPT) 2016 do persoal da Deputación de Ourense, segundo a proposta da Presidencia de data 10 de setembro de 2015. Nesta comisión analizarase, asemade, o convenio marco de cooperación entre a Deputación de Ourense e as entidades locais da provincia en materia de transparencia e acceso á información pública. Esta iniciativa ten a súa razón de ser ante a insuficiencia de medios que padecen a maioría das entidades locais da provincia para dar un axeitado cumprimento ás obrigas en materia de transparencia da actividade pública e a regulación do dereito de acceso á información pública.

Por elo estímase necesario que por parte da Deputación de Ourense se leve a cabo unha acción integral de asistencia ás entidades locais e a posta a disposición de todas elas, de xeito gratuíto, dun portal específico de transparencia onde publicar a información esixida pola Lei, e tamén de prestar asistencia técnica para a determinación, tratamento e estruturación da información municipal de publicación obrigatoria, de xeito que poida ser publicada de maneira sistemática, accesible e comprensible.

Por outra banda, na comisión de Cooperación darse conta do decreto da Presidencia de delegación en Pablo Pérez Pérez, deputado delegado da Área de Cooperación e seguimento do mandato 2015-2019, de todas as facultades de representación da deputación no Consorcio de Augas de Valdeorras; e na comisión Especial de Contas tratarase a modificación das tarifas do servizo de aparcamento en rotación horaria da concesión do aparcadoiro anexo ao Hospital Santa María Nai (CHUOU).

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →