Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Eladio Jardón, ourensán gañador do ‘Victory Awards’

Por   /  01/09/2016 

    Imprimir       Email
  • Manuel Baltar recibe a Eladio Jardón, o ourensán gañador do premio máis prestixioso da comunicación política
Eladio Jardón e Manuel Baltar

Eladio Jardón e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao consultor político ourensán Eladio Jardón, que vén de gañar o premio máis prestixioso no mundo no ámbito da comunicación política, o “Victory Awards” como consultor revelación, galardón considerado como o “Oscar” deste sector e que se entregou na Universidade de Georgetown, en Washington. Baltar felicitou ao consultor por este recoñecemento internacional e congratulouse de que un ourensán “traballe neste eido da comunicación política e que conte con este importante recoñecemento”. Pola súa banda, Eladio Jardón comentou co presidente a situación actual da comunicación política e os avances que neste ámbito se están a dar no que atinxe ás campañas electorais, á mensaxe política e á interacción cos cidadáns.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →