Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

En marcha “Termalismo Saudable” 2017

Por   /  16/12/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense pon en marcha o programa de “Termalismo Saudable” 2017, que contará con novos balnearios, tratamentos e actividades
  • Manuel Baltar adiantou que o goberno provincial destinará o vindeiro ano máis dun millón de euros para proxectos de infraestruturas, investigación e promoción do ámbito termal na provincia de Ourense
  • O presidente da Deputación presentou, xunto con representantes dos balnearios ourensáns as novidades do programa, entre as cales destaca que os usuarios poderán reservar prazas xa desde o vindeiro 1 de xaneiro
  • Estancias termais, programas de fins de semana cultural e termal, tratamentos terapéuticos, o programa “Tren Termal” e a incorporación do balneario de Partovia á oferta termal, son algunhas das novidades

Manuel Baltar, con representantes dos balnearios de Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado por representantes dos balnearios da provincia de Ourense, presentou hoxe o programa “Termalismo Saúdable” 2017, que pon en marcha a institución provincial co obxectivo de seguir promocionando e potenciando a riqueza termal da provincia de Ourense, un dos territorios máis importantes de Europa no ámbito termal.

Na edición de 2017, o programa contará con novas instalacións balnearias que se incorporan ao programa –o balneario de Partovia-, novos programas de fins de semana cultural e termal, tratamentos terapéuticos e a continuación do programa “Tren Termal”, que permitirá achegarse a Ourense desde 40 estacións de España, grazas ao acordo que a Deputación de Ourense mantén co Ministerio de Fomento e con Renfe para os residentes de fóra da provincia que opten polas estancias termais que oferta o programa.

Manuel Baltar adiantou que o goberno provincial destinará o vindeiro ano máis dun millón de euros para proxectos de infraestruturas, investigación e promoción do ámbito termal na provincia de Ourense. “Consideramos o termalismo como un eixe estratéxico do desenvolvemento da provincia, de aí que incidamos na posta en marcha de diferentes iniciativas como o Plan “Ourense, a provincia termal” ou o feito de que Ourense liderará o Pacto Termal Nacional, unha proposta deste goberno provincial que, xunto coa FEMP, presentaremos ao sector, empresas, institucións e usuarios para que o termalismo español sexa un referente en Europa”. Baltar dixo que no que atinxe aos establecementos termais da provincia “pasamos nestes anos de cinco a sete balnearios, e agardamos tamén contar co balneario de Berán, co que estamos en conversas para a apertura deste espazo termal, e, o que sería a excelencia: contar tamén con gran balneario da capital, un proxecto que a Deputación estará apoiando para que sexa unha realidade”.

No acto de presentación, Manuel Baltar estivo acompañado polas directoras xerentes dos balnearios de Cortegada, Eva Álvarez, e de Caldas de Partovia, Noa Gallego, e polo representante de Caldaria, Raúl Luaña, e o director da Área de Benestar da Deputación, José Juan Cerdeira.

Novidades terapéuticas

O programa de 2017 conta con novidades consensuadas nas reunións mantidas nos últimos meses entre a institución provincial e os balnearios. Entre elas figura que o balneario de Cortegada incluirá unha modalidade terapéutica orientada ao tratamento de doenzas respiratorias, reumatolóxicas e dermatolóxicas, modalidade á que se une unha carta de ata 35 tratamentos termais.

Outra das novidades é a posibilidade de realizar programas de estancias máis amplas. Ata o de agora só se contemplaban períodos de 6 días/5 noites, e a partir de 2017 ofertarase a opción de estancias de 13 días/12 noites. Esta posibilidade foi proposta polo balneario de Baños de Molgas ao entender que era oportuno ofertar un programa de máis duración, que dera resposta ás persoas que demandaban curas balnearias que precisan un maior tempo de estancia. O programa 2017 recolle tamén recomendacións realizadas á Deputación de Ourense polos diferentes colexios profesionais do ámbito da saúde.

Agora, trala aprobación hoxe da proposta do Programa pola Xunta de Goberno do ente provincial, a Deputación de Ourense publicará este mes no Boletín Oficial da Provincia as bases reguladoras, e o vindeiro 1 de xaneiro toda a operativa estará dispoñible para que os usuarios poidan tramitar as reservas de prazas. O procedemento administrativo para a presentación de solicitudes e a concesión do programa faise totalmente on-line, a través de Internet, estando a administración provincial a disposición do cidadán as 24 horas do día, os 7 días da semana.

Páginas: 1 2

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →