Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Entrega dos III Premios de Investigación

Por   /  01/12/2015 

    Imprimir       Email
  • Rosendo Fernández participa na entrega dos III Premios de Investigación

0 RF III Premios de Investigacion

 

O vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, participou esta mañá na entrega dos III Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense e Facultade de Ciencias Empresarias e Turismo de Ourense que distinguiron a tres traballos fin de grao. No acto tamén estiveron presentes Virxilio Rodríguez, vicerreitor do campus de Ourense; a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, Elena Rivo; o decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez; e o conselleiro delegado do Grupo Revi e presidente da Asociación Galega de Empresa Familiar, Julio Iglesias García.

A entrega dos galardóns tivo lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense no marco da celebración do Foro de Economía e Sociedade, polo que precedendo á entrega dos premios, Julio Iglesias ofreceu unha conferencia sobre a empresa familiar. Rosendo Fernández destacou ao respecto do tema que “grazas ás pequenas e medianas empresas, a economía de moitas cidades teñen benestar e a oportunidade dun futuro mellor”.

En canto aos galardoados, nesta ocasión o primeiro premio foi para Silvia Fernández Vila, graduada en Turismo co traballo “Centros de Interpretación. Unha análise crítica dos equipamentos para a xestión turística do patrimonio galego”.

Os accésit foron para Raquel Rodríguez Vieitez, graduada en Turismo polo traballo “Geomarketing, geolocalización y turismo. El posicionamiento de destinos turísticos en base a una variable geográfica”, e para John Leyton Velásquez, graduado en Administración e Dirección de Empresas polo traballo “Grado de cumplimiento de la Norma Técnica de Auditoría sobre informes por parte de los Auditores”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →