Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Entrega dos IV Premios de Investigación

Por   /  22/11/2016 

    Imprimir       Email
  • Baltar destaca nos “Premios de Investigación” a importancia de “investigar, innovar e crear valor no Campus de Ourense”
  • No acto, celebrado na Facultade de Empresariais e Turismo, recibiu o premio o traballo de fin de grao de Pablo López sobre “Deseño dunha quiniela galega”, e foron recoñecidos con accésit “Teoría de colas”, de Andrés López, e “Responsabilidade social corporativa e performance financeira”, de Alejandro Rodríguez
Pablo López recibe o premio de mans de Manuel Baltar

Pablo López recibe o premio de mans de Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou hoxe no acto de entrega dos IV Premios de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense–Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, a importancia de “investigar, innovar e crear valor dentro do Campus de Ourense, un dos máis puxantes e activos de Galicia”. O presidente do goberno provincial, quen clausurou o evento, expresou o seu convencemento de que a alianza de cooperación entre a Deputación de Ourense e o Campus “fortalece ese camiño no que andamos para seguir mellorando social e economicamente a provincia de Ourense, cunha palabra básica para todos: futuro”.

Baltar dixo que a universidade “é parte fundamental para o desenvolvemento do noso territorio, pois coñecemento, investigación, emprendedurismo e emprego teñen que ir da man para o progreso da nosa sociedade, un avance no que a colaboración institucional entre o goberno provincial e o Campus de Ourense é, e seguirá sendo, un sinal de identidade”.

No acto, celebrado na Aula Magna da Facultade de Empresarias e Turismo, recibiu o premio o traballo de fin de grao de Pablo López sobre “Deseño dunha quiniela galega”, e foron recoñecidos con accésit “Teoría de colas”, de Andrés López, e “Responsabilidade social corporativa e performance financeira”, de Alejandro Rodríguez. Xunto a Manuel Baltar, participaron no acto a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, Elena Rivo; e o decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez, e director de Tecnópole, Ricardo Capilla, quen pronunciou unha conferencia sobre innovación.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

servicio-publico-de-empleo-estatal-prestaciones-sepe-antes-inem_img238015t0

Paro novembro: baixa nun 9,6%, o maior descenso producido neste mes desde hai 18 anos

Leer mas →