Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Escola de formación en resucitación cardiopulmonar para as familias dos pacientes de UCI no CHUO

Por   /  30/11/2016 

    Imprimir       Email
  • A iniciativa ten por obxectivo formar nestas manobras básicas clave as familias dos pacientes de risco como recurso para facer fronte a un evento futuro no fogar
  • Das 400 paradas cardiorespiratorias que se producen ao ano en Ourense o 60% suceden no fogar polo que a formación dos achegados é esencial

 

CHUO. Por Rafael

CHUO. Por Rafael

O Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) porá en marcha unha Escola de formación en Reanimación Cardiopulmonar para Familias, destinada a ensinar estas manobras básicas aos achegados dos pacientes ingresados na Unidade de Coidados Intensivos, dirixida por profesionais do Servizo de Medicina Intensiva.

Na presentación da iniciativa, única en Galicia, a responsable da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Eloína Núñez, destacou a importancia de formar ás familias neste procedemento, como vía de aumentar as posibilidades de supervivenza, e limitar as secuelas, en caso de que sexan testigos dunha parada cardiorespiratoria no fogar, onde suceden o 60% das 400 que se rexistran en Ourense anualmente, a maioría delas, o 75%, en compañía dun familiar.

O xefe do Servizo de Medicina Intensiva, Víctor López Ciudad, destacou que a Escola de RCP para familias, parte da necesidade detectada nelas polos especialistas da Unidade de Coidados Intensivos, como vía de atallar seus medos e desconoceñemento, sobre como actuar ante un posible evento cardíaco na casa. Nesta liña, subliñou que o primeiro obxectivo é que as familias “Perdan o medo a facer as manobras de RCP e sobre todo que saiban cando e como facelas”

Tempo e coñecemento clave

O profesional que se responsabilizará das aulas de RCP para familias, Jesus Priego Sanz, destacou que os ucistas “sabemos que o tempo é clave” e para elo a formación do persoal non sanitario tamén, porque unha parada prodúcese en calquera momento e lugar, e calquera, cun coñecemento básico en RCP, pode representar a posibilidade de sobrevivir sen secuelas, xa que, o inicio precoz das manobras, permiten manter osixenado un órgano tan vital como o cerebro, facendo que cando o paciente chegue ao hospital teña “mais posibilidades de sobrevivir e voltar a ser a persoa que era antes”.

Jesús Priego destacou que a iniciativa está a ser moi ben acollida polas familias invitadas a participar, na primeira aula prevista para mañá. As sesións previstas para grupos reducidos de 15 persoas, terán unha periodicidade semanal, nun aula equipada para este obxectivo no Edificio Cristal.

Os obradoiros, cunha duración de 30 minutos, consistirán nunha breve charla para saber coñecer que é unha parada cardiorespiratoria e o algoritmo do seu manexo, ou secuenciación de medidas a tomar, así como un aprendizaxe práctico sobre masaxe cardíaca.

Formar a 1.000 ourensáns ao ano

O titor da nova Escola destacou que o mais importante é saber recoñecer unha parada cardiorespiratoria, chamar inmediatamente ao 061, e sen agardar a chegada da axuda de emerxencias iniciar o masaxe cardíaco e continuar ata que cheguen os profesionais sanitarios.

As previsións do Servizo de Medicina Intensiva é formar ao menos a un familiar de cada paciente da UCI, co que prevén formar a unhas 1.000 persoas ao ano en soporte vital básico en Ourense. A prioridade da Escola son as familias dos pacientes da UCI, pero proxectan estender a oferta dos talleres a outras familias de pacientes de risco, como os do Servizos de Cardioloxía. Tamén, en función da demanda, tamén está previsto aumentar a periodicidade das aulas para poder chegar a mais poboación.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

Papá Noel conectará a través de videoconferencia con mais de 1.600 nenos e nenas

Leer mas →