Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Estratexia Conecta Ourense”, un plan de desenvolvemento urbano sostible

Por   /  05/01/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación e o Concello de Ourense pechan un acordo de colaboración para a posta en marcha dun plan de desenvolvemento urbano sostible titulado “Estratexia Conecta Ourense”
  • Manuel Baltar e Jesús Vázquez pecharon onte este acordo dado que ambas institucións teñen obxectivos comúns e/ou complementarios, permitindo esta colaboración institucional aproveitar ao máximo as súas potencialidades
  • A Estratexia Conecta Ourense (ECOU) ten como obxectivo principal contribuír á creación dun espazo metropolitano en torno á cidade de Ourense co fin de xerar crecemento e desenvolvemento con impacto provincial
Manuel Baltar e Jesús Vázquez durante o encontro no Pazo Provincial

Manuel Baltar e Jesús Vázquez durante o encontro no Pazo Provincial

 

A Deputación de Ourense e o Concello de Ourense pecharon onte un acordo de colaboración para a posta en marcha das iniciativas a desenvolver no marco da estratexia de desenvolvemento urbano sostible na provincia de Ourense, “Estratexia Conecta Ourense”. As conversas para a realización deste proxecto comezaron xa cos anteriores mandatarios municipais de Ourense. O acordo pechado entre ambas institucións terá que ser ratificado nos órganos competentes de cada unha delas.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou o papel da Deputación como “motor da provincia coa defensa da súa visión integral de provincia”, un dos piares nos que se sustenta a folla de ruta do goberno provincial co Plan 15-19.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o alcalde, Jesús Vázquez, deixaron patente no encontro que ambas institucións teñen obxectivos comúns e/ou complementarios nas áreas obxecto de intervención e que, polo tanto, a colaboración institucional permitirá aproveitar ao máximo as súas potencialidades. Tamén fundamentaron o interese positivo que ten a unión e coordinación de ambas institucións, a fin de sumar esforzos para establecer camiños de actuación que favorezan e incrementen o beneficio mutuo.

A estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostenible Integrado impulsada pola Deputación de Ourense e polo Concello de Ourense aposta polo concepto de “conexión” e ten como principal obxectivo crear e reforzar vínculos entre a capital e os municipios que a rodean co fin de articular un espazo metropolitano máis dinámico e mellor articulado que impulse o crecemento social e económico do conxunto da provincia.

Trátase de abordar os problemas urbanos do espazo metropolitano da cidade de Ourense relacionados, fundamentalmente, coa ausencia dunha verdadeira malla urbana que permita unha comunicación fluída tanto no interior da cidade como entre esta e a súa contorna.

Espazo Metropolitano

Neste sentido, a Estratexia Conecta Ourense (ECOU) ten como obxectivo principal contribuír á creación dun espazo metropolitano en torno á cidade de Ourense co fin de xerar un espazo de crecemento e desenvolvemento con impacto provincial.

Para logralo, a Estratexia ECOU parte do desenvolvemento da conexión da cidade e a súa contorna en tres dimensións:

  • Conexión física: Cidade conectada internamente e cidade conectada coa súa contorna. Mobilidade interna para articular unha cidade cohesionada onde se eliminen barreiras entre os barrios, así como conexión entre a capital e os municipios da súa contorna.
  • Conexión virtual: Cidade conectada internamente e cos municipios da súa área metropolitana mediante redes, proxectos e ferramentas tecnolóxicas.
  • Conexión económica e social: Cidade conectada coa súa contorna e, por extensión, coa provincia a partir de iniciativas e proxectos de desenvolvemento económico e empresarial, así como de índole social.

No seu conxunto, a Estratexia ECOU ten o seu foco na conectividade do espazo metropolitano de Ourense, polo que se pon o acento nos temas relacionados con mobilidade sostible, redes baseadas en novas tecnoloxías da información e espazos comúns que permitan compartir servizos públicos ou iniciativas que impulsen o desenvolvemento económico e social do espazo metropolitano.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →