Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Éxito do VI Congreso Galego de Xestión Deportiva

Por   /  12/03/2016 

    Imprimir       Email
  • O evento celébrouse onte no balneario de Laias e hoxe pola maná no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” para abordar o tema “Deporte e Termalismo”
Inauguración do VI Congreso Galego de Xestión Deportiva

Inauguración do VI Congreso Galego de Xestión Deportiva

 

O VI Congreso Galego de Xestión Deportiva 2016, organizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Galega de Xestores Deportivos (Agaxede), que trata un tema innovador como é poñer en relación e valor “Deporte e Termalismo” foi un éxito.

A Deputación de Ourense colaborou con Agaxede na organización deste congreso con tres obxectivos claros “consolidar o termalismo deportivo como un foco de creación de emprego en Ourense e en Galicia; debater sobre as novas expectativas e ámbitos de actuación do termalismo implicado no sistema deportivo, e para dar a coñecer a importancia social, económica e a implicación do termalismo no deporte, facendo un especial fincapé no espectacular abano de posibilidades que ofrece esta interesante simbiose”, asegurou Rosendo Fernández. Asemade o vicepresidente da Deputación de Ourense considera que “deporte e termalismo” é “un binomio fulcral para a provincia de Ourense”.

Tendo en conta a temática do congreso “Deporte e Termalismo”, as actividades foron dirixidas a empresas de termalismo, empresas de turismo activo e turismo rural, clubes e federacións deportivas, empresas de servizos deportivos, persoal con responsabilidades directivas, profesionais de ciencias da actividade física e o deporte, fisioterapia, turismo e, en xeral, a calquera con interese no ámbito da xestión de centros termais e/ou deportivos do ámbito público ou privado.

 

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →