Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Explícito apoio do arcebispo de Madrid á Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial “un ben natural, patrimonial, paisaxístico e histórico”

Por   /  02/12/2015 

    Imprimir       Email
Carlos Osoro e Manuel Baltar

Carlos Osoro e Manuel Baltar

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe en Madrid co arcebispo da capital de España, Carlos Osoro, quen lle amosou o seu apoio a prol da candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco. Na xuntanza, celebrada na sede do Arcebispado de Madrid, Manuel Baltar agradeceulle a Osoro “o seu explícito apoio en favor don ben natural, patrimonial, paisaxístico e histórico, apoio que procede dunha persoa e dunha alta dignidade eclesiástica que leva a Ourense no seu corazón e que garda un grato recordo da súa estancia no bispado da provincia de Ourense”.

O presidente da Deputación de Ourense, que foi quen de reactivar a iniciativa da candidatura da Ribeira Sacra, está a recabar apoios institucionais e sociais a prol desta distinción que permitirá, segundo afirma Manuel Baltar, “acadar o recoñecemento que merece a Ribeira Sacra e todos os seus concellos, e tamén posibilitará darlle un importante pulo turístico internacional a toda esta fermosa contorna das provincias de Ourense e Lugo”.

Os traballos técnicos que se realizaron para a candidatura foron desenvolvidos por expertos nas áreas temáticas de: Produción agrícola e formas de cultivo; Xeografía física; Edafoloxía; Botánica; Patrimonio cultural (Historia, Historia da Arte, Arqueoloxía, Arquitectura e Antropoloxía); Economía aplicada e Produción vitivinícola.

O proceso para chegar ate este informe deu comezo en xuño de 2014 cando as deputacións de Ourense e Lugo asinaron co Valedor do Pobo un convenio de colaboración para que este coordinase un equipo académico multidisciplinar co obxectivo de elaborar a memoria científica que se xuntará á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial diante da Unesco, iniciativa na que tamén participa a Xunta de Galicia e os concellos da Ribeira Sacra.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →