Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán da Mezquita, parroquia da Vilavella

Por   /  09/04/2015 

    Imprimir       Email
Foto de Archivo

Foto de Archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán da Mezquita, na parroquia da Vilavella.

O lume iniciouse ás 22:36 horas de onte e quedou extinguido ás 16:27 horas de hoxe. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada é de 30 hectáreas de monte raso. Nos labores de extinción traballaron 1 técnico, 3 axentes forestais, 8 brigadas, 3 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →