Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Festival de Nadal da Escola Provincial de Danza

Por   /  15/12/2016 

    Imprimir       Email
  • Música, canto e baile no Festival de Nadal da Escola Provincial de Danza da Deputación
  • O evento terá lugar hoxe xoves, 15 de decembro, ás 20.15 horas

Cartel Nadal 2016

 

Un ano máis, a Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense volve ao Teatro Principal para celebrar o seu tradicional Festival de Nadal, como peche das actividades do primeiro trimestre do curso 2016-2017. O evento terá lugar hoxe xoves, 15 de decembro, ás 20.15 horas. Os alumnos e alumnas de idades comprendidas entre os 5 e os 60 anos, ofrecerán un espectáculo de canto, música, e baile de aproximadamente unha hora, cun repertorio composto por muiñeiras, jotas, polkas, pasodobres, así como cantigas de Nadal, para desexarlle unhas boas festas a todos os asistentes.

Asemade durante todo o mes de decembro e ata o 15 de xaneiro, nas instalacións do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación de Ourense, situado no C. Comercial “As Lagoas”, estará exposta a mostra Estampas dunha Romaría, no marco da programación do Outono Fotográfico, formada por 25 fotografías premiadas no concurso da XV Romaría Etnográfica Raigame, que na súa modalidade de “Mellor Fotografía”, resultou gañadora a ourensá, Ana Iglesias, sendo o pontevedrés Ángel Paz, o gañador na categoría de “Mellor Serie”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →