Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

‘Hora Ludens’ visita o Museo de Cornamusas

Por   /  22/06/2016 

    Imprimir       Email
  • A agrupación coral “Hora Ludens”, de Madrid, visita o Museo de Cornamusas
Visita ao Museo Internacional de Cornamusas

Visita ao Museo Internacional de Cornamusas

 

A agrupación coral “Hora Ludens”, da Comunidade de Madrid, visitou o Museo Internacional de Cornamusas da Deputación de Ourense, dentro do programa de actividades do museo que teñen como obxectivo a difusión e promoción deste instrumento.

Nestas recepcións, aparte da visita guiada e das explicacións referentes aos instrumentos que alberga o museo, que conta cunha das coleccións de gaitas máis importante do mundo, con instrumentos procedentes de África, Asia, Europa e América Latina, ofrécese aos visitantes un recital didáctico con distintas gaitas da propia Escola Provincial de Gaitas.

Nesta ocasión o recital e a visita correron a cargo de Xosé Lois e Ruth Foxo, autora do libro Detalles Museo Internacional de Cornamusas. Proximamente, o Museo recibirá visitas de grupos procedentes de Alemaña, Francia e Inglaterra.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →