Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Lembranza e homenaxe a Eduardo Blanco Amor no 36º cabodano do seu pasamento

Por   /  02/12/2015 

    Imprimir       Email
  • O acto, que se celebrou onte no cemiterio de San Francisco, contou coa participación de autoridades e persoeiros da cultura galega
Acto de homenaxe a Eduardo Blanco Amor

Acto de homenaxe a Eduardo Blanco Amor

 

Con motivo do 36º cabodano do pasamento de Eduardo Blanco Amor, un ano máis, autoridades e persoeiros do mundo da cultura honran ao escritor ourensán nun acto de lembranza no cemiterio de San Francisco. O evento comezou coa lectura dun poema do escritor ourensán a cargo do presidente do Centro Pen Galicia, Luis González Tosar.Trátase dun acto no que colaboran varias institucións, a Deputación de Ourense, representada polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o Concello de Ourense, polo alcalde, Jesús Vázquez; e a Xunta de Galicia, polo Secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

O evento tivo lugar diante da campa onde está soterrado o autor de “A Esmorga”, onde Luis González Tosar asegurou “Blanco Amor é amigo, escritor, cidadán comprometido, galeguista sempre atento á evolución da súa terra, emigrante e ourensán que hoxe vimos a homenaxear como habitualmente facemos dende hai 8 anos”.

Manuel Doval destacou “o profundo amor que Eduardo Blanco Amor sentía pola nosa terra e pola nosa lingua e levou a Galicia por todo o mundo e entre todos debemos seguir a construír Galicia”, e engadiu, “a Deputación de Ourense continuará a traballar a reo pola cultura, e a potenciar as xoias dos ilustres ourensáns”.

Este ano o mantedor do acto foi o xornalista Arturo Lezcano, que segundo Luis González Tosar “foi amigo de Blanco Amor, frecuentou nos anos 60 ao escritor no seu regreso á cidade e sabe mellor das amarguras e das angueiras do escritor ourensán”. Arturo Lezcano comezou a súa intervención dirixíndose a Eduardo Blanco Amor “non estamos aquí para renderte homenaxe nin para lembrarte senón para seguir a facer tertulia ao redor de ti como facíamos antes”.

Pola súa banda, Anxo Lorenzo, destacou a gran lección do escritor ourensán porque “tiña moitas opcións e el escolleu ser un escritor en galego”. Ademais asegurou que Blanco Amor é “un referente das letras galegas do século XX nas súas diversas facetas”.

Jesús Vázquez asegurou que “Ourense débelle moito a este escritor para quen esta cidade foi fonte de inspiración”.

O director da película “A Esmorga”, Ignacio Vilar, tamén mantivo unha tertulia con Blanco Amor ao que lle recordou que “a inmortalidade é coller o testigo da túa gran obra e a Esmorga aínda segue viva”.

Eduardo Blanco Amor era “un forxador de soños e loitador contra a mentira” asegurou Luis González Tosar, e continuou dicindo “a cultura do século XXI non é a cultura dos tempos de Blanco Amor pero é a cultura que el soñou e quería para Galicia”.

O acto tamén contou coa participación de alumnos e alumnas do IES Eduardo Blanco-Amor e o IES do Couto e rematou cunha ofrenda floral ao son da marcha do antigo Reino de Galicia da man de integrantes da Real Banda de Gaitas.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →