Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Licitada a obra de rehabilitación do inmoble do futuro albergue de peregrinos de Ourense

Por   /  14/04/2016 

    Imprimir       Email
  • O DOG publicou onte a licitación da obra de rehabilitación do inmoble que acollerá o futuro albergue de peregrinos de Ourense
  • O edificio situado en pleno Casco Vello da cidade ampliará a oferta da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago e dinamizará a oferta turística da zona
  • A obra terá un prazo de execución de 17 meses e conta cun orzamento de 800.000 euros
  • A creación deste novo albergue de peregrinos constitúe unha mostra máis da aposta da Xunta de Galicia por conservar e protexer esta rede pública de albergues

el_camino1Turismo de Galicia vén de licitar a obra do proxecto básico e de execución para a adaptación como albergue de peregrinos dun inmoble situado no Casco Vello de Ourense, entre as Burgas e a propia Praza Maior, concretamente na rúa Barreira.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte o anuncio do contrato desta obra que terá un prazo de execución de dezasete meses e que conta cun orzamento de case 800.000 euros. Con esta actuación o Executivo autonómico rehabilitará o edificio creando as dependencias necesarias para acoller o albergue de peregrinos como salas de estar, cociña, cuartos de duchas e aseos e dormitorios cunha capacidade para 50 prazas ou liteiras. As empresas poderán presentar ofertas ata o vindeiro 9 de maio.

O futuro edificio ampliará a oferta da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago mellorando a capacidade de acollida aos peregrinos. Así mesmo, permitirá poñer en valor un edificio histórico en plena cidade e dinamizará a oferta turística da zona.

Na actualidade a Rede Pública de Albergues suma 70 albergues que ofrecen máis de 3.200 prazas ao longo das diferentes rutas do Camiño de Santiago. Na Vía da Prata sitúanse doce albergues dentro da rede pública, nove deles na provincia de Ourense e tres establecementos na provincia de Pontevedra.

A creación deste novo albergue de peregrinos constitúe unha mostra máis da aposta da Xunta de Galicia por conservar e protexer esta rede pública de albergues con labores de mantemento, reparación e mellora continuas.

O novo albergue da cidade dará resposta ao incremento de peregrinos que se está a rexistrar cada ano en cada unha das rutas xacobeas. No que vai deste ano 2016 chegaron a Santiago de Compostela xa máis de 19.000 peregrinos, o que supón un incremento do 8% en relación ao mesmo período do pasado ano. No que se refire á Vía da Prata, un total de 866 peregrinos elixiron esta ruta xacobea para chegar a Compostela.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →