Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

“Ludoteca Móbil” no verán ourensán

Por   /  11/08/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense organiza a “Ludoteca Móbil” que percorrerá a provincia nos meses de verán
  • Esta iniciativa cultural achegará aos nenos e nenas, unha obra de teatro, así como, talleres e atraccións nas que divertirse
Aurelio Gómez Villar, Francisco Baladrón, Pablo Pérez e Manuel Doval

Aurelio Gómez Villar, Francisco Baladrón, Pablo Pérez e Manuel Doval

 

A Deputación de Ourense pon en marcha a “Ludoteca Móbil” que realizará unha xira por distintas vilas da provincia de Ourense, durante os meses de verán. A primeira parada desta iniciativa cultural tivo lugar hoxe nas instalacións do colexio Ben Cho Shey do Concello do Pereiro de Aguiar, cita á que acudiron o deputado provincial de Cooperación, Pablo Pérez; o deputado provincial de Cultura e tenente de alcalde do Concello do Pereiro de Aguiar, Manuel Doval; o asesor de Cultura da Deputación, Aurelio Gómez Villar; e o coordinador da actividade, Francisco Baladrón.

“Trátase dunha iniciativa que a Deputación de Ourense organiza para os meses de verán, e que chegará a varios concellos da provincia, cos obxectivos de mellorar a relación entre cativos a través do xogo, aumentar a participación en actividades colectivas do público infantil, achegar as novas tecnoloxías a todos os espazos da provincia, fomentar as actividades lúdicas ao aire libre e crear unha conciencia positiva entorno aos espectáculos teatrais”, asegurou Pablo Pérez.

Entre as actividades programadas dentro desta iniciativa atópase a obra de teatro infantil “Non teñas medo”, unha carpa interactiva con simulador de condución, karaoke, playstation, toro mecánico, talleres, inchables e festa da espuma. “O deseño da “Ludoteca Móbil” foi pensado para dar cobertura a todas as idades, a partir dos tres anos e sen límite de idade, xa que temos un toro mecánico ao que poden subir xente de todos os anos. E, tamén, as novas tecnoloxías están presentes nesta programación”, explicou Francisco Baladrón.

Pola súa parte, Manuel Doval destacou que esta iniciativa “fará que os máis pequenos teñan un día de disfrute, facendo chegar ao concello rural máis grande de Galicia, actividades que ata fai poucos anos soamente tiñan acceso os que vivían nunha gran vila ou na cidade. Por iso, a Deputación de Ourense achega a cultura en sentido amplo, a todos os núcleos, especialmente ao rural, para que todos os nenos disfruten de estas actividades que van a enriquecelos”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →