Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Luis Enrique Lorenzo e Xurxo do Olmo premiados no V Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense

Por   /  30/11/2015 

    Imprimir       Email

O XERENCIA DO SERGAS EN OURENSE FALLA A SÚA QUINTA EDICIÓN DO PREMIO DE FOTOGRAFÍA NO MARCO DO OUTONO FOTOGRÁFICO

  • As fotos do V Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense estarán expostas en diferentes centros de saúde e nos hospitais de Ourense, Verín e Valdeorras

  • As fotos premiadas este ano, de Luis Enrique Lorenzo e Xurxo do Olmo, foron elixidas cos votos do persoal desde a intranet

of-logo1Os centros de saúde e hospitais do Servizo Galego de Saúde en Ourense acollerán desde hoxe unha mostra fotográfica dos traballos presentados ao “V Concurso Fotográfico da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras” que, tamén nesta edición, intégrase na programación do XXXIII Outono Fotográfico.

O concurso, dirixido a tódolos traballadores do Sergas de Ourense, está destinado á captación de fondos gráficos, para a súa edición con fins expositivos, e de humanización de espazos, mediante a súa impresión en distintos formatos. Xunto a elo, estes fondos empréganse en publicacións propias como programas, dípticos, manuais, carteis, na intranet, entorno web, ou en cantos traballos de edición se realizan desde os centros.

Ademais deste obxectivo principal, esta iniciativa procura tamén promover o coñecemento e emprego da intranet por parte dos traballadores, situando a esta como marco principal do concurso e do sistema de votacións a premio.

A selección dos premios foi realizada polos propios traballadores, que puideron votar a través dun aplicativo informático, desenvolvido integramente polo persoal do Servizo de Sistemas e Tecnoloxías da Información de Ourense, que permite o voto e visionado dos traballos presentados. O aplicativo, ten tamén utilidade para diversas iniciativas, como enquisas, dun xeito sinxelo e intuitivo.

Traballos Premiados

O primeiro premio, unha cámara réflex Nikon D3200 con dous obxectivos de 18-55 e 55-200 mm. foi recollido hoxe por Luis Enrique Lorenzo Vila, Auxiliar de Enfermería do Hospital de Verín, e o segundo por Xurxo do Olmo Rodríguez, Auxiliar Administrativo de do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, ao que lle correspondeu unha tableta electrónica, Apple Ipad Air.

En total, nesta edición se presentaron 180 fotografías de autores pertencentes a práctica totalidade de categorías profesionais e centros que integran a Xerencia, o C.H. Universitario de Ourense, Hospital Comarcal de Valdeorras, Hospital de Verín, e os Centros de Saúde da provincia,

No acto de entrega de premios e inauguración da exposición, ao que tamén asistiu Xose Luis Vázquez, coordinador do Outono Fotográfico, a responsable da Xerencia, Eloína Núñez, agradeceu a alta participación dos profesionais nesta iniciativa, que ten por obxectivo final humanizar o entorno sanitario, facendo mais amables os espazos cotiás, tanto para os usuarios e visitantes como para os profesionais.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →