Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Máis de 470.000 euros para benestar, patrimonio e medio ambiente

Por   /  02/07/2016 

    Imprimir       Email
  • A Deputación de Ourense destina máis de 470.000 euros para temas de benestar, patrimonio e medio ambiente da provincia
Xunta de Goberno 01/07/2016

Xunta de Goberno 01/07/2016

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou axudas por importe total de 474.827 euros destinadas aos ámbitos de benestar, patrimonio e medio ambiente da provincia de Ourense. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 1 de xullo.

En concreto, a Xunta de Goberno aprobou tres axudas, unha delas á Fundación San Rosendo destinada á construción da residencia para a terceira idade en Lobeira por 461.000 euros. A outra axuda foi concedida á Diocese de Ourense para o arranxo da cuberta da igrexa parroquial de San Mamede de Sorga no termo municipal da Bola, por importe de 3.600 euros. Para o Concello de Bande aprobou unha axuda de 10.227 euros para a instalación de radiadores para unha caldeira de biomasa no segundo andar da Casa do Concello.

Por último, a Xunta de Goberno acordou aceptar a modificación na memoria valorada presentada polo Concello de Porqueira para a reforma da levada do regadío na Forxa.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →