Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Mañá celébrase “o evento máis importante e o de maior transcendencia do atletismo galego”

Por   /  15/07/2016 

    Imprimir       Email
  • Ourense acollerá a 83ª edición do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo
  • A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará o mañá sábado, 16 de xullo, nas pistas “Josefina Salgado” de Pereiro de Aguiar
Mario González, Rosendo Fernández, Bernardino González, Manuel Blanco, Ángel Fidalgo, Mario Guede e Virxilio Rodríguez

Mario González, Rosendo Fernández, Bernardino González, Manuel Blanco, Ángel Fidalgo, Mario Guede e Virxilio Rodríguez

 

A provincia de Ourense acolle, por segundo ano consecutivo, o campionato de Galicia Absoluto de Atletismo que se celebrará o vindeiro sábado, 16 de xullo, nas pistas “Josefina Salgado” de Pereiro de Aguiar, cumprindo nesta 83ª edición masculina e 48ª edición feminina, cen anos da súa historia. A presentación desta proba deportiva tivo lugar onte no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, acto no que participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o xefe do servizo de Deportes da Xunta, Mario Guede; o xerente do Consello Municipal de Deportes, Mario González; o vicerreitor do Campus Universitario de Ourense, Virxilio Rodríguez; o vicepresidente e o director técnico da Federación Galega de Atletismo, Manuel Blanco e Ángel Fidalgo, respectivamente.

Rosendo Fernández dixo que esta proba deportiva é “o evento máis importante e o de maior transcendencia do atletismo galego, que acollerá a máis de 500 atletas, sendo 226 mulleres e 281 homes, e que se celebrará, por segundo ano consecutivo, en Ourense, poñendo de manifesto a gran capacidade organizativa que ten esta provincia”.

Con motivo da conmemoración dos 100 anos de historia do campionato, esta edición conta con certas novidades como “a exposición que leva por nome Un século de 13 xogos e 25 olímpicos, a cal se poderá ver o dia do campionato ao carón das pistas de atletismo, así como a entrega dunha medalla especial conmemorativa do centenario que se lle entregará a cada gañador de cada unha das probas”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense.

Ángel Fidalgo, quen explicou os aspectos técnicos da xornada deportiva, asegurou que “participarán atletas de gran nivel nacional e incluso internacional, e destacariamos nos homes ao coruñés Mauro Triana que tomará parte nos 100 m.l. e nos 200 m.l. probas que domina e das que é o actual recordman galego. Na categoría feminina destacariamos a Solange Pereira, tamén participante nos 1500 neste campionato de Europa”.

En canto á situación deste disciplina deportiva, o director técnico da Federación asegurou que “o atletismo galego está moi revalorizado a nivel nacional tanto en lanzamentos, como en saltos, como en velocidade, polo que vai haber probas de gran categoría, interesantes e moi competidas”.

“As instalacións nas que se levará a cabo esta competición atópanse en perfectas condicións para poder albergar aos máis de 500 atletas que participarán, sendo especialmente importante esta edición por coincidir coa conmemoración do centenario do campionato”, asegurou Mario Guede.

Pola súa banda, Virxilio Rodríguez salientou que a universidade “aposta polo deporte porque nel se sintetizan moitos dos valores que teñen que ver coa universidade e coa formación e tamén, porque o deporte é unha vía para desenvolver unha vida de forma saudable”.

Manuel Blanco agradeceu o apoio das institucións para poder celebrar este tipo de eventos deportivos “de gran relevancia a nivel autonómico, sobre todo este ano”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →