Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar: “A participación cidadá é a clave da moderna xestión provincial”

Por   /  27/04/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 2015 MB Deputacin

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirma que a reforma da Lei de Racionalización e Sostibilidade da Administración Local (LRSAL) levada a cabo fai pouco máis dun ano “supón un esforzo das Cortes Xerais para reactivar as entidades locais, que demandaban unha reacción normativa logo de trinta anos”. O presidente do goberno provincial considera que esta reforma “era moi necesaria” porque algo tan achegado aos cidadáns como é a Administración Local “debe adaptarse permanentemente aos tempos. A clave da moderna xestión provincial e a participación cidadá, unha administración que entre todos facemos todos os días, e no caso das deputacións a reforma da LRSAL ven a reafirmar a existencia constitucional dos gobernos locais intermedios, sempre baixo o dobre prisma da cooperación e asistencia aos concellos, xunto coa defensa dunha visión integral de provincia, pois as provincias existen e os seus intereses tamén”.

Manuel Baltar fai estas afirmacións nun artigo que ven de publicar a revista da Fundación “Democracia e Goberno Local”, publicación de ámbito nacional que ten como obxectivo ser un espazo de encontro e intercambio de experiencias para promover a mellora dos gobernos locais en España. Explica o presidente do goberno provincial ourensán que é necesario “facer efectivo o principio de “unha administración, unha competencia, un financiamento”, racionalizando a estrutura organizativa da Administración Local e garantindo un control financeiro e orzamentario máis rigoroso”.

Como presidente do goberno provincial, Manuel Baltar afirma que a LRSAL “confirma a filosofía de actuación do noso plan de xestión e estratexia operativa, validando todo o noso labor, pois viñamos anticipando e executando políticas que encaixaban plenamente no espírito da nova reforma”. “Todas as nosas achegas de xestión provincial –engade Baltar- foron obxecto de profundo análise na primeira Conferencia Nacional de Presidentes de Gobernos Provinciais, que a Deputación de Ourense organizou conxuntamente coa Fundación “Democracia e Goberno Local” en marzo de 2014 en Ourense”.

Manuel Baltar considera que na reforma da xestión provincial que impulsou “prevalece a miña visión cidadá por riba da miña formación xurídica e a miña condición de profesional da Administración Pública, pois os concellos e as deputacións son moito máis que artigos e parágrafos: as entidade locais operan n mundo real, responden a plantexamentos colectivos de comunidades políticas. Por iso na Deputación de Ourense temos avanzado máis que a lei en cuestións como a Transparencia, aprobando o primeiro Código Ético para cargos electos e persoal dunha deputación en España”.

Transparencia: liña institucional básica

Nesta liña, Manuel Baltar tamén subliña a aprobación da primeira Ordenanza de Transparencia dun goberno provincial realizada pola Deputación de Ourense, “porque a Transparencia é a nosa liña institucional básica, cuestión que fixo que tamén fósemos pioneiros en retransmitir vía web as aperturas de plicas nas mesas de contratación ou os sorteos de membros de tribunais no acceso ao emprego publico, innovando coa incorporación de novos instrumentos tecnolóxicos como a vídeo-acta”.

Manuel Baltar defende que á filosofía básica para facer política e xestión provincial “é a participación cidadá”, e neste ámbito a Deputación de Ourense fixo achegas innovadoras “co obxectivo de que a LRSAL fose unha aliada das entidades locais. E nós achegamos solucións e alternativas como o plan de racionalización da estrutura organizativa municipal, que podería exportarse ao resto das provincias españolas”.

O presidente do goberno provincial destaca que dende hai catro anos a Deputación de Ourense organiza unhas xornadas formativas baixo o título: “O futuro das provincias”, “ao que en 2016 debemos da paso e falar xa das “Provincias do futuro”, unha perspectiva que dende unha provincia como a de Ourense –con 92 concellos-, que fusiona servizos organizándoos con carácter intermunicipal, abre un debate que a todos nos agarda e polo que seguiremos apostando. É a nosa maior responsabilidade”.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →