Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar afirma que a cooperación entre Deputación de Ourense e Xunta “favorece o impulso de proxectos estratéxicos para a provincia”

Por   /  14/10/2015 

    Imprimir       Email
  • O presidente do goberno provincial asistiu onte ao acto de toma de posesión de Marisol Díaz Mouteira como nova delegada territorial da Xunta en Ourense.

1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 1 MB e MDM131015

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, afirmou hoxe que a cooperación entre o goberno provincial e a Xunta de Galicia “favorece o impulso de proxectos estratéxicos para a provincia de Ourense, incrementando a competitividade e fomentando a creación de emprego”. Baltar asistiu esta tarde á toma de posesión da nova delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, a quen desexou “os mellores éxitos na andaina profesional que hoxe comeza, para a cal contará coa colaboración do goberno provincial porque se hai unha palabra clave que marca a liña do traballo da institución provincial esa é a “cooperación” entre institucións”.

Manuel Baltar expresou que os logros que ten acadado a Deputación de Ourense, situándose na vangarda da xestión dos gobernos provinciais, “teñen como berce o traballo en equipo, a colaboración coas demais administracións e tamén co ámbito privado e, por suposto, contando sempre coa cidadanía,fin principal e destino do noso labor”. Neste senso, avogou por seguir innovando dende a administración provincial, “coa tecnoloxía como aliada e as ideas e as potencialidades do territorio como base na que asentar proxectos colaborativos entre institucións”, entre os que citou o Plan “Ourense, a provincia termal”, que a Deputación desenvolve conxuntamente coa Xunta de Galicia, e iniciativas como a “Provincia Intelixente”, o Plan de Competitividade ou mesmo a Axencia Provincial da Enerxía e do Medio Ambiente.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →