Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar defende a “alianza de cooperación” cos xóvenes empresarios “porque eles son o emprendemento da provincia”

Por   /  20/06/2015 

    Imprimir       Email

Manuel Baltar, co Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar participou onte nun almorzo-coloquio organizado polo Círculo de Xóvenes Empresarios de Ourense que se celebrou lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”. O encontro, que nesta ocasión tivo como convidado ao presidente do goberno provincial, enmárcase no programa de almorzos de negocios que promove o Círculo de Xóvenes Empresarios para manter contacto e establecer canles de colaboración cos diferentes institucións e, neste caso, coa Deputación de Ourense. O obxectivo é coñecer as experiencias e proxectos dos interlocutores convidados e transmitirlles propostas e logros por parte dos xóvenes emprendedores da provincia de Ourense.

Manuel Baltar explicou na súa intervención as liñas mestras dos últimos anos de xestión ao fronte do goberno provincial e os plans de futuro a medio e longo prazo, e agradeceu o talante proactivo amosado polos xóvenes empresarios, implicados sempre na mellora económica da nosa provincia, e subliñou a “alianza de cooperación con eles porque, en definitiva, son os autores do emprendemento e do futuro na provincia de Ourense”.

O presidente do ente provincial e os xóvenes empresarios concordaron en que o Inorde pode prestar un servizo tanto de asesoramento como de impulso ás iniciativas conxuntas que propoñan, “pois todos eles teñen interiorizada a importancia da provincia, do noso territorio e da cooperación empresarial, e a Deputación de Ourense acollerá esas iniciativas de apoio á promoción empresarial, porque se melloran as empresas, melloran as condicións da provincia e poderemos atender ese gran problema que é a falta de emprego e inverter esa tendencia”.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →