Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar felicita a Paula Ginzo polo Campionato de Europa

Por   /  14/08/2015 

    Imprimir       Email

1 1 1 1 1 1 1 1 MB recibe a Paula Ginzo

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu esta mañá á xogadora de baloncesto ourensá campiona de Europa, Paula Ginzo, no Pazo Provincial. A ourensá Paula Ginzo, xogadora do equipo Segle XXI, milita na selección española feminina sub-18 que se proclamou campiona de Europa no Zlatorog Sport Centre de Celje (Eslovenia) tras derrotar na final a Francia (60-76).

Durante o encontro Manuel Baltar, ademais de felicitar a Paula Ginzo polo campionato de Europa, recoñeceu “a traxectoria e éxitos deportivos dunha verdadeira campiona”.

O baloncesto feminino en Ourense, tal e como manifestou o presidente provincial, “ten un gran pasado, bo presente, e magnífico futuro con persoas como Paula Ginzo que se converten en referentes para a mocidade ourensá”. E, nesa mesma liña engadiu, “o ascenso do COB á Liga ACB, ratifica a importancia deste deporte na nosa provincia”.

Manuel Baltar salientou a actitude e aptitudes de Paula Ginzo, que foi determinante nun deporte de equipo como o baloncesto que fala alto e claro de valores como a disciplina, o sacrificio e a competitividade.

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →