Leyendo...
Estás aquí:  Portada  >  Más Actualidad  >  Artículo Actual

Manuel Baltar: “O polígono de San Cibrao leva 50 anos sendo o motor económico de Ourense”

Por   /  10/06/2015 

    Imprimir       Email

Presentación actos 50 aniversario do Polígono de San Cibrao

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo hoxe, na presentación dos actos conmemorativos do 50º aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas que este parque empresarial, cos seus cinco millóns de metros cadrados, “é un dos maiores e máis antigos de Galicia, e leva cincuenta anos sendo o motor económico da provincia de Ourense”. O presidente do goberno provincial destacou a “alianza estratéxica” existente entre a Deputación de Ourense e a Asociación de Empresarios do Polígono de San Cibrao “por medio da cal a institución provincial colabora sufragando o Servizo de Emerxencias e Extinción de Incendios do Polígono; desenvolve proxectos no ámbito da internacionalización de empresas e no que atinxe ao desenvolvemento urbano sostible, co proxecto “Ourense Competitividade”, iniciativa que foi presentada polo presidente Baltar no Comité das Rexións, en Bruxelas, e para a que se prevén achegas comunitarias para o seu desenvolvemento.

Manuel Baltar, quen tivo palabras de lembranza para David Ferrer, Eduardo Barreiros e Manuel Rodríguez de la Fuente, afirmou: “Paga a pena todo o esforzo que fai o goberno provincial por estar ao carón dos empresarios neste polígono en noutros ámbitos empresariais porque son xeradores de emprego e competitividade”, unha colaboración que referendou afirmando que os orzamentos da Deputación de Ourense para 2016 -única institución que os aprobará no vindeiro mes de setembro- “reflectirán tamén o apoio da institución ao ámbito empresarial, un apoio que xa ven prestando, asemade, dende o Inorde na liña na que estamos a traballar de administración participativa, transparente e achegada aos cidadáns e ás institucións”.

No acto tamén interviron o alcalde de San Cibrao das Viñas, Manuel Pedro Fernández; o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o presidente da Asociación de Empresarios do Polígono, Elías Mera, quen fixo un repaso dos 50 anos deste parque empresarial e lembrou os actos conmemorativos que se desenvolverán a partires do mes de setembro, entre os que citou un acto de plantación de árbores, en lembranza dos cincuenta anos de existencia do polígono, e a colocación dun monolito cos nomes de todas as empresas, antigas e actuais, que se instalaron nesta contorna empresarial. Tamén avanzou que en novembro inaugurarase unha exposición denominada “O polígono nunca visto”, que amosará unha visión inédita da historia do parque empresarial.

Previamente ao acto, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa do 50 aniversario, instalada no edificio da Asociación de Empresarios.

 

    Imprimir       Email

También te recomendamos...

NoticiasValdeorras se integra en CreandoTuProvincia

Leer mas →